Kojiki
Autor/aHieda no Are e Ō-No-Yasumaro
Linguahentai kanbun
Xénero(s)libro de historia
editar datos en Wikidata ]
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Kojiki ou Furukotofumi[1] (xaponés: 古事記; "Rexistro das cousas antigas") é o libro máis antigo coñecido no Xapón.[2] Foi escrito no 712, durante o período Nara, e dedicado á emperatriz Gemmei.[2] Trata sobre mitoloxía xaponesa (shinto), lendas, cancións, xenealoxías, tradicións orais e relatos semihistóricos até o 641 a.C.[3] O libro mestura as lendas do primeiro emperador do Xapón e varias outras con historias sobre os deuses. Polo tanto, é difícil saber que partes do Kojiki son reais e cales son lendas. Segundo a lenda, todos os emperadores do Xapón descenden de Amaterasu, a deusa do sol.

O Kojiki está escrito en chinés, pero a forma en que o escribiron os xaponeses é empregando a pronuncia dos caracteres kanji chineses e non o significado dos mesmos. Noutras palabras, unha persoa que sabe ler chinés non poderá ler o Kojiki a menos que tamén saiba falar xaponés. Inclúe moitos nomes xaponeses e algunhas frases.[2]

Seccións

O Kojiki divídese en tres partes: o Kamitsumaki (上巻 "first volume"?) , o Nakatsumaki (中巻?, "middle volume") e o Shimotsumaki (下巻?, "lower volume") .

Notas

  1. Brown & McDowell 2009, p. 190.
  2. 2,0 2,1 2,2 Nussbaum, Louis-Frédéric. (2005). "Nihon Shoki" in Japan Encyclopedia, p. 545.
  3. Jaroslav Průšek and Zbigniew Słupski, eds., Dictionary of Oriental Literatures: East Asia (Charles Tuttle, 1978): 140-141.
  4. Kojiki. Tokyo: Shogakukan. OCLC 56431036. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2007. Consultado o 2012-09-18. 
  5. 古事記. Tokyo: Shogakukan. OCLC 56431036. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2007. Consultado o 2012-09-18. 
  6. Ninigi no Mikoto. Tokyo: Shogakukan. OCLC 56431036. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2007. Consultado o 2012-09-18. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas