(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1944 (79 anos) Worcestershire, Reino Unido (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | St Anne's College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ciencias da relixión, filosofía, Relixión comparada, religious ethics (en) , Compaixón e Ética da reciprocidade (pt) |
Ocupación | teólogo , Islamólogo , profesora universitaria , escritora , historiadora da relixión |
Empregador | Leo Baeck College (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios | |
Páxina web | charterforcompassion.org |
Karen Armstrong, nada en Wildmoor o 14 de novembro de 1944, é unha autora inglesa especialista en temas de relixión, en particular sobre o xudaísmo, o cristianismo e o islam. É coñecida polos seus libros sobre relixión comparada.[1] A súa obra foi traducida a corenta e cinco linguas.[2]
Karen Armstrong naceu en Wildmoor, Worcestershire,[3] no seo dunha familia católica de raíces irlandesas. En 1962, con dezasete anos, fíxose noviza na orde relixiosa Society of the Holy Child Jesus e en 1965 tomou os votos de freira, asumindo o nome de irmá Martha. Xa no mesmo ano foi autorizada pola orde a estudar literatura inglesa na Universidade de Oxford. Decepcionada coa vida relixiosa, Karen abandonou o convento en 1969[1] e orientouse para a realización dun doutoramento sobre o poeta Alfred Tennyson; ao mesmo tempo comezou a ensinar na Universidade de Londres. Porén, a súa tese de doutoramento foi rexeitada por un inspector externo e Karen ficou impedida de poder ensinar nunha universidade. Todo este período foi marcado por problemas de saúde resultantes dunha epilepsia non diagnosticada e non tratada.[4][5]
En 1976 converteuse en profesora nun colexio feminino en Dulwich. Chegou a ser directora de departamento, mais debido ao seu absentismo (provocado polos problemas de saúde) foi convidada a abandonar a institución en 1981.
En 1981 publicou Through the Narrow Gate, unha obra que relataba a súa fracasada experiencia no convento e que rapidamente se converteu nun best-seller en Gran Bretaña. Comezou a ser convidada a participar como comentarista en programas de televisión e en 1984 escribiu e presentou un programa sobre a vida de san Paulo para a estación de televisión Channel Four. O traballo que desenvolveu para concretar o programa, que incluíu filmacións na cidade de Xerusalén, fixo que Karen se mergullase de novo na esfera do relixioso, despois de anos de afastamento, crítica e rexeitamento. Dende entón converteuse nunha aclamada e respectada autora sobre as relixións abrahámicas, investigando temas como o recrudecemento dos integrismos relixiosos nos nossos días. É tamén autora dunha biografía de Buda, que destaca polo traballo de pescuda que diferencia a historia da lenda. Ocasionalmente ensina cristianismo no Leo Baeck College de Londres, unha institución formadora rabinos. En 1999 recibiu un premio do Islamic Center of Southern California por promover o entendemento entre relixións.
Karen Armstrong escribe regularmente na prensa e moitos dos seus artigos poden lerse no xornal británico The Guardian.
En 2005, Karen foi convidada a integrar a Alianza das Civilizacións, un proxecto secundado polas Nacións Unidas e polo presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, que tiña como obxectivo trazar pontes de diálogo entre o mundo occidental e o islámico.
Galardoados co Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais | ||
---|---|---|
Década de 1980 |
| |
Década de 1990 |
| |
Década de 2000 |
| |
Década de 2010 |
| |
Década de 2020 |
| |