![]() (2019) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1933 ![]() Barcelona, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz , actriz de teatro , actriz de cinema ![]() |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá ![]() |
Participou en | |
30 de outubro de 2019 | Més procés és més retallades |
20 de decembro de 2018 | manifesto «Que no ens divideixin» ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Julieta Serrano Romero, nada en Barcelona o 2 de xaneiro de 1933,[1] é unha actriz española.
Julieta Serrano provén dunha familia de actores e comezou no teatro afeccionado. A prolífica carreira de Serrano iniciouse na década de 1950. Os seus primeiros anos transcorreron entre Barcelona, Casinos (Valencia)[2] e Madrid entrando a formar parte da compañía teatral de José Tamayo.
Ao longo da súa carreira compaxinou o cinema co teatro e a televisión.
En 2018 recibiu o Premio Nacional de Teatro concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte pola súa participación en Ricardo III no Teatro Nacional de Cataluña e Dentro de la tierra no Centro Dramático Nacional e pola "súa incansable busca artística e intelectual, o compromiso e a súa xenerosidade no traballo, a súa proximidade e o seu incalculable talento interpretativo".[3] En 2019 recibiu a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes.[4] O 25 de xaneiro de 2020 recibiu o Goya á mellor actriz secundaria polo filme Dolor y gloria, de Pedro Almodóvar, converténdose na actriz de máis idade que conseguiu un Goya.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julieta Serrano ![]() |