Joker
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalJoker
DirectorTodd Phillips
Produtor
Guión
  • Todd Phillips
  • Scott Silver
Baseado enPersonaxes de DC Comics
IntérpretesJoaquin Phoenix
MúsicaHildur Guðnadóttir
FotografíaLawrence Sher
MontaxeJeff Groth
Estudio
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Duración122 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento55–70 millóns de dólares[3][4]
Recadación606,7 millóns de dólares[5]
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/joker
IMDB: tt7286456 Filmaffinity: 520214 Allocine: 258374 Rottentomatoes: m/joker_2019 Mojo: joker2019 Allmovie: v713578 TCM: 2180929 Metacritic: movie/joker
Facebook: jokermovie Twitter: jokermovie Instagram: jokermovie Netlix: 81092221Editar o valor em Wikidata

Joker é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Todd Phillips, quen tamén escribiu o guión xunto a Scott Silver. O filme, baseado nos personaxes de DC Comics, está protagonizado por Joaquin Phoenix como o Joker. Unha historia orixinal ambientada en 1981, o filme conta a historia de Arthur Fleck, un comediante fracasado que empeza unha vida de crime e caos en Gotham City. Robert De Niro, Zazie Beetz, Frances Conroy, Brett Cullen, Glenn Fleshler, Bill Camp, Shea Whigham e Marc Maron interpretan os papeis secundarios. Joker foi producido por Warner Bros. Pictures, DC Films e Joint Effort en asociación con Bron Creative e Village Roadshow Pictures, sendo distribuído por Warner Bros.

Phillips concibiu Joker en 2016 e escribiu o guión xunto con Silver ó longo de 2017. Os dous estiveron inspirados polos estudos do personaxe da década de 1970 e os filmes de Martin Scorsese, que foi incluído inicialmente no proxecto como un produtor. A novela gráfica Batman: The Killing Joke (1988) foi a principal base da premisa, pero por outra banda Phillips e Silver non se centraron en ningún volume de banda deseñada en específico na busca de inspiración. Phoenix sumouse ó proxecto en febreiro de 2018 e foi escollido como protagonista en xullo, mentres que a maioría do resto do elenco incorporouse en agosto. A fotografía principal fíxose nas cidades de Nova York, Jersey City, e Newark, entre setembro e decembro de 2018. É o quinto filme de acción baseado no universo de Batman en recibir unha clasificación de +18 pola Motion Picture Association of America, por mor do seu contido violento e perturbador.

Joker estreouse na 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 31 de agosto de 2019, onde gañou o León de Ouro, e estreouse nos Estados Unidos o 4 de outubro de 2019. O filme polarizou a crítica; mentres que a interpretación de Phoenix foi amplamente eloxiada, o seu ton escuro, a representacións das doenzas mentais e a violencia dividiron as opinións.[6] Joker tamén xerou preocupación por posibles imitadores na vida real nos Estados Unidos, e o cinema onde ocorreu o masacre de Aurora de 2012 nunha proxección de O cabaleiro escuro rexeitou estreala. O filme recadou máis de 606 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no décimo filme con maior recadación de 2019 e marcando récords dunha estrea no mes de outubro.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "JOKER | BRON Studios". BRON Studios | Official Website (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  2. British Board of Film Classification, ed. (24 de setembro de 2019). "JOKER". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2019. Consultado o 13 de outubro de 2019. 
  3. Kit, Borys (13 de xuño de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Warner Bros. Shifts DC Strategy Amid Executive Change-Up". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2018. 
  4. D'Alessandro, Anthony (5 de outubro de 2019). "Warner Bros. Laughing All The Way To The Bank With 'Joker': $94M Debut Reps Records For October, Todd Phillips, Joaquin Phoenix & Robert De Niro". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2019. Consultado o 5 de outubro de 2019. 
  5. "Joker (2019)". Box Office Mojo. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  6. Cavna, Michael (3 de outubro de 2019). "Why 'Joker' became one of the most divisive movies of the year". The Washington Post (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2019. Consultado o 3 de outubro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]