John Edward Gray
Nacemento12 de febreiro de 1800
Lugar de nacementoWalsall
Falecemento7 de marzo de 1875
Lugar de falecementoLondres
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña
Ocupaciónbiólogo, zoólogo, ornitólogo, philatelist, botánico, entomólogo, herpetólogo, malacólogo e conservador
PaiSamuel Frederick Gray
CónxuxeMaria Emma Gray
IrmánsGeorge Robert Gray
Coñecido porThe zoology of the voyage of the H.M.S. Erebus & Terror
PremiosRoll of Distinguished Philatelists
Na rede
WikiTree: Gray-13960
editar datos en Wikidata ]

John Edward Gray, nado en Walsall o 12 de febreiro de 1800 e finado en Londres o 7 de marzo de 1875, foi un importante naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés.

Traxectoria

Era fillo de Samuel Frederick Gray (1766-1828), farmacólogo e botánico ben coñedo no seu tempo, e irmán máis vello do farmacéutico e zoólogo George Robert Gray. A súa familia trasladouse a Londres onde Gray estudou medicina. Axudou ao seu pai no traballo The Natural Arrangement of British Plants (1821), sentindo profundo interese poa botánica e a zooloxía.

Integrouse no departamento de Zooloxía do Museo Británico en 1824 para axudar a John George Children a catalogar a colección de réptiles. Foi director de Zooloxía do Museo desde 1840 até o Nadal de 1874.

Publicou varios catálogos das coleccións do museo que inclúen discusións sobre diversos grupos de animais, así como as descricións de novas especiess. Mellorou as coleccións zoolóxicas até situalas entre as mellores do mundo.

Gray tamén estaba interesado nos selos postais; o 1 de maio de 1840, o día en que os "Penny Black" saíron á venda, comprou algúns co obxecto de salvalos, facéndose así o primeiro filatélico coñecido. Tamén foi un dos primeiros en elaborar un catálogo filatélico con todas as emisións do mundo.

Traballos

Honras

A garceta india, Ardeola grayii foi así denominada na súa honra.

Abreviatura

A abreviatura J.E.Gray emprégase para indicar a John Edward Gray como autoridade na descrición e na taxonomía en botánica, e en zooloxía, a abreviatura J.Gray ou, simplemente, Gray.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas