Johan Christian Fabricius
Nacemento7 de xaneiro de 1745 e 9 de xaneiro de 1745
Lugar de nacementoTønder
Falecemento3 de marzo de 1808 (63 anos)
Lugar de falecementoKiel
NacionalidadeDinamarca
Alma máterUniversidade de Copenhague
Ocupaciónbotánico, lepidopterólogo, economista, zoólogo, profesor universitario, aracnólogo, carcinólogo, biólogo e entomólogo
CónxuxeAnna Cecilie Fabricius
Coñecido porSystema entomologiae : sistens insectorvm classes, ordines, genera, species, adiectis synonymis, locis, descriptionibvs, observationibvs / Io. Christ. Fabricii
editar datos en Wikidata ]

Johan Christian Fabricius, nado en Tønder (en alemán Tondern), Xutlandia (actual Dinamarca) o 7 de xaneiro de 1745 e finado en Kiel, Alemaña o 3 de marzo de 1808, foi un naturalista, entomólogo e economista danés.

Foi un especialista dos Insecta que, no seu tempo, ademais dos insectos propiamente ditos o concepto incluía todos os artrópodos (arácnidos, crustáceos e outros).

Foi un do discípulos de Carl Linnaeus, e está considerado como un dos entomólogos máis importantes do século XVII. Deu o nome a unhas 10 000 especies de animais e estableceu as bases da moderna clasificación dos insectos e dos arácnidos.[1]

Traxectoria

Johan Christian Fabricius neceu en Tønder, Ducado de Schleswig, onde seu pai era médico. Fixo os seus primeiros estudos en Altona (Hamburgo), entrando posteriormente (1762) na Universidade de Copenhague. Nese mesmo ano viaxou xunto co seu amigo e parente Johan Zoëga á Universidade de Uppsala, onde estudou baixo a titoría de Linneo durante dous anos.[2]

Á súa volta comezou a traballar na súa magna obra Systema entomologiæ, que se publicaría en 1775.[2]

Foi profesor de historia natural, economía e finanzas na Universidade de Kiel en 1775, e visitante regular do Museo Británico de Londres, onde estudou moitas das coleccións alí gardadas.[3]

Principais obras

Entomología

Economía

Abreviaturas

Notas

  1. S. L. Tuxen (1967): "The entomologist J. C. Fabricius". Annual Review of Entomology 12: 1–15.Resumo Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine..
  2. 2,0 2,1 "Johan Christian Fabricius" en: Dansk biografisk leksikon. 5. 1st Projekt Runeberg, 1891, p. 24–30.(en dinamarqués).
  3. Hans G. Hansson "Biographical Etymology of Marine Organism Names" Arquivado 25 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.. Göteborgs Universitet. (en inglés)

Véxase tamén

Ligazóns externas