Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1940 (84 anos) Santo André, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 67 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1961 - 1974 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua portuguesa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1962 | Mundial de Fútbol Chile 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jair da Costa, nado en Santo André, São Paulo, o 9 de xullo de 1940, é un exfutbolista brasileiro, que xogaba como dianteiro. Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Inter de Milán, formando parte do chamado Grande Inter, que conquistou numerosos títulos na década de 1960, baixo a batuta do adestrador Helenio Herrera. Foi campión do mundo coa selección brasileira en Chile 1962, aínda que non chegou a debutar no torneo.
Orixinario de Santo André, trasladouse a Osasco aos oito anos. Debutou como futbolista nas filas do Portuguesa de São Paulo. As súas actuacións con este equipo atraeron o interese dos clubs europeos e no verán de 1962 o Milan e Inter competiron pola súa fichaxe,[1] ata que os rossoneri se decantaron polo seu compatriota Germano.[2] A fichaxe de Jair polo Inter viuse, con todo, atrasada pola presenza no equipo do galego Luis Suárez e do inglés Hitchens, que ocupaban as dúas únicas prazas de estranxeiros que permitía o regulamento da época.[3] Finalmente, o traspaso do británico no outono permitiu a contratación oficial do brasileiro.[1]
Debutou na Serie A nun partido contra o Genoa,[1] marcando o seu primeiro gol aos 2 minutos de xogo. Foi a elección preferida por Helenio Herrera para a banda dereita durante o resto da tempada, por diante de Bicicli,[4] e tivo un papel destacado nos contragolpes do equipo.[5] Con 10 goles, contribuíu á remontada na clasificación do Inter,[6][7][8][9] que gañou o scudetto ao final do torneo.[1]
Co equipo milanés da época, que pasou á historia co nome de Grande Inter,[4] Jair gañou outros dous títulos de liga, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais.[1][4] Foi o autor do primeiro gol do Inter na Copa de Europa, en 1963 fronte ao Everton,[10] e nesa mesma edición marcou dous goles máis nos cuartos de final e outro nas semifinais.
O 27 de maio de 1965 marcou o gol decisivo para a conquista da segunda Copa de Europa na final disputada en San Siro contra o Benfica de Mário Coluna e Eusébio.[1] Na tempada 1967/68 xogou cedido á Roma, antes de regresar ao Inter, co que gañou o seu cuarto título de liga na 1970/71.[1]
Preto do final da súa carreira, regresou ao Brasil para xogar no Santos, onde foi compañeiro de Pelé, e co que gañou o Campionato Paulista en 1973. Pechou a súa carreira no Canadá, nas filas do Windsor Star.[11]
Con Garrincha como titular no seu posto na selección brasileira, só puido ser internacional nun encontro amigable ante Gales, que o Brasil gañou 3-1.[12] Foi parte do combinado brasileiro no Mundial de 1962, pero non chegou a debutar na competición.[12]