Illas Austrais | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Localización | |||||
Localización das illas Austrais ou Tubai | |||||
Datos | |||||
Capital | Tubuai | ||||
País | Francia | ||||
Linguas | |||||
Poboación (2007) | 6.310 hab. | ||||
Superficie | 148 km² | ||||
Densidade | 43hab/km² | ||||
Coordenadas | 23°0′S 150°0′O / -23.000, -150.000 | ||||
Maior Altura |
As illas Austrais (en francés îles Austrais, en tahitiano Tuha´a Pae) é o arquipélago máis meridional da Polinesia francesa, ao sur das illas da Sociedade. Tamén se denominan como illas Tubuai a partir do nome da illa máis grande. O nome de Austrais provén da súa situación ao sur de Tahití, a carón do trópico de Capricornio.
Coa excepción dos illotes María, todas as illas son de orixe volcánica, aliñadas sobre un eixo de noroeste a sueste, prolongación das illas Cook meridionais. O arquipélago consta de cinco illas habitadas máis dous grupos de illotes deshabitados nos seus extremos. Xeoloxicamente, a antigüidade das illas vai de noroeste ao sueste. As cinco illas habitadas forman cinco comunas.
De noroeste a sueste, as illas son as seguintes:
Debido á situación xeográfica, o clima é máis fresco que o habitual na Polinesia. A poboación total é de 6.386 habitantes (censo de 2002).
As illas Austrais fóronse incorporando nos Establecementos Franceses de Oceanía entre 1880 e 1889, como reacción ao protectorado británico das veciñas illas Cook. Hoxe en día forman un distrito administrativo da Polinesia francesa.