Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.

Coordenadas: 52°N 174°O / 52, -174

Aleutianas
Bandeira de Alasca Nicht vorhanden
Bandeira Escudo
Localización
Datos
País Estados Unidos (Estado de Alasca)
Federación Rusa (Krai de Kamchatka)
Poboación (2000) 8 162 habitantes
Superficie 17 670 km²
Coordenadas 52° N 174° O

As illas Aleutianas (posiblemente o nome vén da lingua chukchi aliat, illa) forman unha cadea de pequenas illas volcánicas que forman un arco situado no norte do océano Pacífico que se estende ao longo de 1 900 km dende o extremo da península de Alasca ata a península de Kamchatka.

Case todo o arquipélago forma parte do estado de Alasca, Estados Unidos, pero o extremo oeste pertence a Rusia.

Segundo o censo do ano 2000 as Aleutinas tiñan 8 162 habitantes, deles 4 282 concentrados na cidade de Unalaska.

Xeografía

As illas, coñecidas antes de 1867 como o arquipélago de Catarina, comprende catro grupos: Fox, Andreanof, Rat e Near, localizadas entre os 52° N e os 174° O.

A gran maioría das illas mostran as marcas da súa orixe volcánica e hai numerosos volcáns na parte norte da cadea, algúns aínda activos, Shishaldin (3041 m), en Unimak, é o máis importante.

O clima das illas é oceánico, con temperaturas moderadas e uniformes e con abondosa chuvia. As néboas son constantes. A temperatura media anual de Unalaska, a illa máis importante do grupo, é 3,4 °C, e en xaneiro a media é de 1,1 °C e 11,1 °C en agosto, con 250 días de chuvia por ano (2 032 mm).

Historia

Os Ungangan son o pobo orixinario das Aleutianas, coñecidos internacionalmente como aleutianos. A súa lingua está relacionada coas linguas inuit. Moitos antropólogos cren que os primeiros seres humanos en pisar América seguiron a rota das agora illas Aleutinas que entón formaba un paso de terra entre Asia e América.
En 1741 o goberno ruso enviou a Vitus Bering, un danés ao servizo de Rusia, e a Aleksei Chirikov, nunha viaxe de exploración ao Pacífico Norte. Chirikov descubriu moitas das illas Aleutianas orientais, e Bering a maioría das occidentais. Nas illas establecéronse compañías comerciais rusas dedicadas ao comercio de peles, algúns aleutianos mesmo foron transferidos ás Illas Pribilof para cazaren lontras mariñas. As illas pertenceron a Rusia ata a merca de Alasca polos Estados Unidos en 1867.

Lista das Illas Aleutianas

Listaxe de leste a oeste dos maiores grupos das Illas Aleutianas, as illas esta por orde alfabetico. O nome en aleutiano está entre parentese.

Localización das illas Aleutianas
Xeografía física das illas Aleutianas
As Illas Aleutianas e a Península de Alasca, vistos dende a órbita da Terra
Vista de Atka, Amlia e outras das illas Aleutianas dende o espazo
Mapa das illas Fox
Mapa das illas Andreanof
Mapa das illas Rat
Mapa da illa Amchitka
Mapa que mostra a posición das illas do Comandante, ao leste de Kamchatka. A illa máis grande, no oeste, é a illa de Bering, e a pequena é a illa Medni

Illas Fox

Alasca with Aleutian island chain (at bottom), Unalaska Island is marked.
Alasca with Aleutian island chain (at bottom), Unalaska Island is marked.

Illas das Catro Montañas (Uniiĝun)

Illas Andreanof (Niiĝuĝin tanangis)

Illas Rat (Qax̂um tanangis)

Illa Buldir (Idmaax)

Illas Near (Sasignan Tanangin)

Illas do Comandante (Rusia)

Véxase tamén

Bibliografía