Illa de Baffin | |
---|---|
ᕿᑭᖅᑖᓗᒃ Qikiqtaaluk (en inuktitut) | |
Imaxe satélite | |
Situación | |
País | Canadá |
Arquipélago | Illas Árticas do Canadá |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 69°N 72°O / 69, -72 |
Xeografía | |
Superficie | 507 451 km² |
Punto máis alto | Monte Odin (2 147m) |
Demografía | |
Capital | Iqaluit |
Poboación | 10 745 (2008) |
Densidade | 0,02 hab./km² |
Lingua propia | Inuktitut |
A Illa de Baffin (en Inuktitut: ᕿᑭᖅᑖᓗᒃ Qikiqtaaluk) é unha illa ártica de Nunavut, Canadá. É a illa máis grande do Canadá e a quinta do mundo, cunha área de 507.451 km², e 11.000 habitantes (2004). O explorador William Baffin deulle o nome. A cidade principal da illa, e capital de Nunavut, Iqaluit (antes coñecida como Frobisher Bay) localízase na costa sur
Os máis antigos restos de hábitat humano localízanse no suroeste da illa e remóntanse ao 2.400 a.C. En 1576 o explorador inglés Martin Frosbisher é o primeiro europeo en chegar á illa e entre 1615 e 1616 William Baffin explora o sur da illa A illa de Baffin (ás veces chamada, Terra de Baffin; en inuit, Qikiqtaaluk, e, en nórdico antigo, Helluland, a «terra da pedra prateada») é unha grande illa situada no extremo noriental do Canadá, pertencente ás illas do arquipélago ártico canadense. É a illa máis grande do Canadá e a 5ª do mundo, cunha superficie de 507.451 km². Administrativamente, pertence ao territorio autónomo de Nunavut e á rexión Qikiqtaaluk.
A illa de Baffin ten unha forma bastante irregular, asimilable a unha J virada uns 45º á esquerda, cos dous extremos máis anchos e unha parte central máis estreita. Ten unha lonxitude, en dirección NO-SE, de máis de 1600 km, variando a súa anchura entre os 500 km do seu parte setentrional, os 200-300 km da parte central e os de máis de 800 km da parte meridional.
A illa está atravesada por profundos entrantes de mar que conforman varias grandes penínsulas:
Os puntos extremos de illa Baffin son os seguintes. Obtivéronse directamente mediante o Google Earth, polo que a súa precisión pode ter algún erro debido á propia forma da consulta:
Iqaluit -antes denominada Frobisher Bay-, a capital de Nunavut, está situada na costa sur da illa, na baía homónima, da cal recibiu o nome. No 2001 tiña 5236 habitantes.
Ao sur está o estreito de Hudson e o Québec, ao continente. Ao leste sitúase o estreito de Davis e a baía de Baffin e, á outra banda, Groenlandia. Ao oeste e ao norte, a baía de Foxe, o golfo de Boothia e o estreito de Lancaster separan a illa de Baffin do resto do arquipélago.