Hypermagic Mountain | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Lightning Bolt | ||||
Duración | 56:44 | |||
Xénero(s) | noise rock, rock experimental | |||
Selo(s) | Load Records | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Hypermagic Mountain é o cuarto álbum da banda de noise rock estadounidense Lightning Bolt, editado o 18 de outubro do 2005 polo selo Load Records. Ten un son moi denso composto enteiramente por un baixo distorsionado e unha marcada batería. A banda gravou o disco nunha casa en Providence, Rhode Island directamente a dúas pistas dunha cinta de DAT.