Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.)
Horus no seu templo de Edfu

Horus "o elevado", deus celeste e deus curador na mitoloxía exipcia. Consideróuselle iniciador da civilización exipcia.

Nome exipcio: Hor. Nome grego: Horos. Deidade grega: Apolo Febo. Nome latino: Horus.

Iconografía

[editar | editar a fonte]

É representado como falcón, ou home con cabeza de falcón, coa coroa Dobre. Tamén como un Sol con ás de falcón sobre portas e nas salas dos templos; e con forma leonina como Harmajis. O símbolo xeroglífico do falcón sobre unha percha empregouse desde épocas predinásticas para representar a idea de deus.

Historia

[editar | editar a fonte]

Horus é un deus moi antigo, xa coñecido na época predinástica. Era un deus vinculado á realeza que tutelaba aos monarcas tinitas, cuxo centro de culto era Hieracómpolis. Dende o Imperio Antigo, o rei é a manifestación de Horus na terra, aínda que ao morrer converterase nun Osiris, e formará parte do deus creador Ra. Durante o Imperio Novo asocióuselle ao deus Ra, como Ra-Horajti.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Horus, fillo de Osiris, ao chegar á maioría de idade, axudado polos Shemsu Hor loitou contra Seth para recuperar o trono do seu pai, asasinado por Seth. Seth quedou como o deus do Alto Exipto e Horus do Baixo Exipto. Posteriormente Horus foi deus de todo Exipto, mentres que Seth era deus do deserto e dos pobos estranxeiros. Representa a loita entre a fertilidade do val do Nilo (Osiris) e a aridez do deserto (Seth).

Máis adiante deixou o goberno aos reis míticos, denominados Shemsu Hor, segundo a tradición.

Como deus solar, Horus defende a barca de Ra, coa axuda de Seth, contra a gran serpe Apofis. Ademais é o protector de Osiris no inframundo exipcio, ou Duat. Durante o xuízo de Osiris, segundo o Libro dos Mortos, é o mediador entre o morto e Osiris.

Sincretismo

[editar | editar a fonte]

O seu culto adaptouse ao mito de Osiris nun intento de sincretismo relixioso, sendo moitos os deuses que se encarnaron e fusionaron con Horus en diversas localidades exipcias.

Horus aparecía en moitas formas, sendo representado como:

Símbolo solar:

Horus neno:

Imaxe de Horus neno. Período tardío

Horus maior:

Tamén como:

Ademais foi asociado a dous planetas, como:

Culto

[editar | editar a fonte]
Templo de Horus en Edfu

Coñecido desde a época predinástica, é probable que o seu culto tivese orixe no delta do Nilo aínda que foi venerado en todo Exipto con importantes templos en Edfu, Hieracómpolis e Letópolis. En Bubastis e Menfis, adorado como Hor Hekenu, identificado con Nefertum. En Buto e Mesén, como Hor neb mesen, similar a Hor Behedety. Nas zonas limítrofes con Libia, como Hor Tehenu. En Letópolis, como Hor menu.

O seu culto estendeuse polo Mediterráneo, como Harpócrates, vinculado á súa nai a deusa Isis.

Epítetos

[editar | editar a fonte]

Tivo os títulos de "o afastado", "o elevado", o "Señor das estrelas circumpolares".

Nomes teóforos

[editar | editar a fonte]

Desde a época predinástica incluíron o seu nome a maioría dos faraóns, formando parte do seu titulatura como nome de Horus e nome de Hor-Nub.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]