Revivo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Haim Revivo | ||
Nacemento | 22 de febreiro de 1972 | ||
Lugar de nacemento | Ashdod | ||
Altura | 1.76 metros | ||
Posición | Mediocampista | ||
Na rede | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Haim Revivo, nado o 22 de febreiro de 1972 en Ashdod, é un futbolista israelita, actualmente retirado. Foi un xogador destacado no Celta de Vigo durante a súa etapa no conxunto celeste.
Haim xogou no Bnei Yehuda Tel Aviv, Hapoel Tel Aviv e Maccabi Haifa, antes de fichar polo Celta de Vigo. Tamén formou parte dos equipos rivais de Turquía Fenerbahçe e Galatasaray da cidade de Istambul.
Os seus 2 primeiros anos co Fenerbahçe foron un éxito, deixando ó equipo no 2001 como o campión de Turquía, pero despois perdeu a atención dos dirixentes do club logo de que outros xogadores estranxeiros fosen comprados polo equipo. Haim decidiu marchar, algo que causou moita controversia ó elixir fichar polo equipo rival, o Galatasaray, equipo no que só estivo un ano antes de deixar Turquía.
Na actualidade é un satisfactorio home de negocios e un dos donos do club israelí de fútbol M.S. Ashdod, equipo da súa cidade natal e no que se retirou do fútbol profesional no ano 2004.