Claire Elise Boucher, nada o 17 de marzo de 1988, e mellor coñecida polo seu nome artístico Grimes, é unha artista, músico, e directora de videoclips canadense. Procedente de Vancouver, Grimes comezou a gravar música experimental mentres asistía á McGill University en Montréal, onde se involucrou na escena musical underground electrónica e industrial.
No ano 2010 publicou o seu álbum de estrea, Geidi Primes, a través do selo Arbutus Records, ao que lle seguiu Halfaxa nese mesmo ano. A finais do 2011 anunciou que asinara un contrato con 4AD, que se asociou con Arbutus Records para lanzar o seu terceiro álbum, Visions (2012). Visions foi aclamado pola crítica e The New York Times falou del como "un dos álbums máis impresionantes dese ano ata a data".
Os críticos e xornalistas destacaron a música de Grimes pola súa atípica combinación de elementos vocais, ademais dun amplo espectro de influencias, que van dende a música industrial e elecrónica ata o pop, hip hop, R&B, noise rock e incluso a música medieval.
No ano 2013 foi premiada co Webby Award á Artista do ano. Ese mesmo ano Grimes gañou o premio Juno ao álbum de electrónica do ano.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Geidi Primes | 2010 | Arbutus Records |
Halfaxa | 2010 | Arbutus Records |
Visions | 2012 | Arbutus Records, 4AD |
Art Angels | 2015 | 4AD, Eerie Organization, Roc Nation |
Miss Anthropocene | 2020 | 4AD |