Giuseppe Piazzi
Nacemento16 de xullo de 1746
Lugar de nacementoPonte in Valtellina
Falecemento22 de xullo de 1826
Lugar de falecementoNápoles
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónastrónomo, profesor universitario, matemático, Sacerdote católico de rito romano e discoverer of astronomical objects
Coñecido pordescobridor de asteroides
Premiosmembro da Royal Society, Prêmio Lalande e Prêmio Lalande
editar datos en Wikidata ]
Giuseppe Piazzi

Giuseppe Piazzi, nado en Ponte in Valtellina o 7 de xullo de 1746 e finado en Nápoles o 22 de xullo de 1826, foi un astrónomo e sacerdote italiano. Fundou o observatorio astronómico de Palermo.

Traxectoria

O 1 de xaneiro de 1801, descubriu un obxecto estelar que se desprazaba polo fondo de estrelas: o seu movemento era retrógrado primeiro e directo despois, de modo que pensou que era un novo planeta; na carta remitida ao seu amigo Barnaba Oriano, de Milán, así o indicaba aínda que cando escribiu a Joseph Lalande (en París) e a Johann Elert Bode (en Berlín) non quixo arriscarse: anuncioulles o descubrimento dun novo "cometa".

Piazzi bautizouno co nome de Ceres Ferdinandea, pola deusa grega e siciliana, e polo rei Fernando IV de Nápoles e Sicilia. Máis adiante, o Ferdinandea eliminouse por razóns políticas. Ceres resulou ser o primeiro asteroide que se observaba do cinto de asteroides e, ata agora, o de maior tamaño coñecido.

Poucas semanas despois perdeuse no resplandor solar de ocaso. Baseándose nas poucas observacións dispoñibles, Gauss creou unha ferramenta matemática nova, coa cal puido predicir a posición do asteroide. Meses máis tarde recuperábase novamente Ceres.

Aos poucos días William Herschel, co seu gran reflector utilizando elevados aumentos, determinaba o diámetro micrométrico do corpo e, baseándose na distancia (determinada polo cálculo orbital de Gauss), o tamaño real do mesmo: en torno a 260 km. Se era un planeta era demasiado pequeno. En marzo de 1803 un novo "planeta" (máis tarde asteroide, nome suxerido por Herschel) sumábase á lista ao descubrir Heinrich Olbers o diminuto Palas.

Piazzi adicouse durante moito tempo a elaborar un catálogo de estrelas, hoxe en desuso, que presentaba a posición exacta dalgúns miles delas. Este sería superado polo de Friedrich Bessel primeiro (uns 75 000 estrelas) e Friedrich Argelander despois (máis de 259 000).