Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Robert William Gary Moore 4 de abril de 1952 Belfast, Reino Unido |
Morte | 6 de febreiro de 2011 (58 anos) Estepona |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | St Margaret's Church (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Ashfield Boys' High School (en) |
Altura | 1,7 m |
Lateralidade | manicho |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista , cantante , produtor musical , compositor de cancións , artista discográfico |
Período de actividade | 1969 - 2011 |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, Blues rock, hard rock, heavy metal tradicional (pt) , Fusion e Blues |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Guitarra, Gibson Flying V, Fender Stratocaster, Jackson Soloist (pt) e voz |
Selo discográfico | Virgin Records |
Páxina web | gary-moore.com |
Robert William Gary Moore, nado en Belfast, Irlanda, o 4 de abril de 1952 e finado en Estepona, España, o 6 de febreiro de 2011,[1] foi un guitarrista, vocalista e produtor de blues e hard rock. A súa carreira pasou por diversas épocas, mais son as súas aportacións como guitarrista nas bandas Thin Lizzy, Colosseum II e Skid Row ás que lle brindaron unha fama internacional, amais dunha extensa carreira en solitario, mesturando o blues rock con outros xéneros.
Moore, doutra banda, foi coñecido por ser un dos guitarristas máis solicitados para traballar en discos doutros artistas como Greg Lake, Cozy Powell, John Mayall, Mick Jagger e Jack Bruce, entre moitos outros, e tamén foi un dos primeiros músicos en mesturar o rock coa música celta.
Como guitarrista, o irlandés demostrou un colosal talento como intérprete e creador, móvendose entre o virtuosismo co instrumento e as cancións ricas en matices e recoñecemento popular. Foi nomeado como influencia por outros afamados guitarristas que iniciaron a súa carreira nas últimas tres décadas como Eric Gales, Jeff Healey, Jonny Lang,Robert Randolph, Eric Johnson, John Mayer, Kenny Wayne Shepherd e Scott Henderson, entre outros.[2]
Moore iniciou a súa traxectoria profesional aos dezaseis anos de idade, tendo a Jeff Beck, Eric Clapton, Peter Green e Jimi Hendrix como ídolos, e participando nas gravacións dun álbum da banda de folk Dr. Strangely Stranger. Pouco despois ingresou na banda irlandesa Thin Lizzy, onde coñeceu o seu fiel compañeiro Phil Lynott. Nesta agrupación gravou o tema «Still in Love With You» do álbum Nightlife (1974) e máis tarde gravou integramente Black Rose: A Rock Legend (1979).
A pesar do fanatismo polo blues, o jazz tamén lle interesaba, tanto que foi o estilo máis explorado no seu primeiro álbum en solitario, Grinding Stone (1973).
Fixo a súa carreira en solitario, obtendo moito éxito en Europa e o Xapón, salientando dúas fases distintas, comezando coa máis dura en discos como Corridors Of Power, Victims Of Future e Wild Frontier na década de 1980, cos que acadou o recoñecemento mundial e bos resultados nas listaxes musicais e en vendas. Nos anos noventa, polo contrario, dedicouse completamente ao blues, e en especial ao blues rock, que con discos como Still Got the Blues (1990) e After Hours (1992) lle permitiu compartir con artistas como B.B. King, Albert Collins, George Harrison e Albert King, entre outros. No seguinte decenio decidiu mesturar as súas influencias, dando paso a álbums que flutuaron entre o hard rock e o blues rock.
Faleceu en febreiro de 2011 dun ataque ao corazón nun hotel de Estepona.[3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gary Moore |