Sétima tempada de Game of Thrones | |
---|---|
Tempada de Game of Thrones | |
Orixe | Estados Unidos |
Nº de episodios | 7 |
Emisión | |
Canle orixinal | HBO |
Emisión orixinal | 16 de xullo de 2017- 27 de agosto de 2017 |
Cronoloxía |
A sétima tempada da serie de televisión de drama e fantasía Game of Thrones estreouse en HBO o 16 de xullo de 2017 e concluíu seis semanas despois, o 27 de agosto de 2017.[1][2][3] Ó contrario que as tempadas anteriores da serie que constaban de dez episodios, a sétima tempada só consta de sete.[4] Ó igual que tempada anterior, componse de contido orixinal que non aparece na obra de George R. R. Martin A Song of Ice and Fire, e tamén adapta material que Martin revelou ós creadores da serie sobre as futuras novelas da serie.[5] A serie foi adaptada para televisión por David Benioff e D. B. Weiss.
HBO confirmou a sétima tempada o 21 de abril de 2016, tres días despois da estrea da sexta tempada, e comezou a rodarse o 31 de agosto de 2016. Esta tempada foi rodada principalmente en Irlanda do Norte, España e Islandia.
Game of Thrones contén un gran número de actores, incluíndo a Peter Dinklage, Nikolaj Coster-Waldau, Lena Headey, Emilia Clarke e Kit Harington. A tempada introduce varios actores no elenco, como Jim Broadbent e Tom Hopper.
|
|
Os actores secundarios recollidos aquí son os que aparecen na tempada 6. Amósanse listados pola rexión na que apareceron primeiro.
|
|
N.º (serie) |
N.º (temp.) |
Título[27] | Director(es) | Guionista(s) | Data de estrea | Audiencia en EE. UU. (millóns) |
---|---|---|---|---|---|---|
61 | 1 | "Dragonstone" «Dragonstone» | Jeremy Podeswa | David Benioff e D. B. Weiss | 16 de xullo de 2017 | 10,10[28] |
En Twins, Arya Stark envelena ós Frey restantes implicados na "Voda Vermella". En King's Landing, Cersei Lannister e Jaime Lannister tratan con Euron Greyjoy tentando facer unha alianza. En Winterfell, Jon Snow perdoa ós Karstark e ós Umber facendo que lle xuren lealdade, e Sansa Stark advirte a Jon da inminente ira de Cersei. En Oldtown, Samwell Tarly comeza o seu adestramento, e un doente Jorah Mormont pregúntalle pola chegada de Daenerys. Bran Stark chega ó Muro e é recibido por Edd. Sandor Clegane coa Irmandade sen Estandartes refúxiase na casa dun granxeiro. En Dragonstone, Daenerys Targaryen e Tyrion Lannister xunto co seu exército ocupan o castelo abandonado que foi antes habitado por Stannis Baratheon. | ||||||
62 | 2 | "Stormborn" «Nado da tormenta» | Mark Mylod | Bryan Cogman | 23 de xullo de 2017 | 9,27 |
Daenerys comeza a artellar estratexias xunto cos seus aliados. Melisandre chega a Dragonstone e pídelle a Daenerys que convoque ó Rei do Norte, Jon Snow. Sam intenta curar de psoriagrís a Jorah. Cersei entabla alianzas cos Tarly. Jon Snow decide acudir á chamada de Daenerys deixando Winterfell en mans de Sansa. Arya decide cambiar o seu rumbo cara a Winterfell, reencontrándose co seu vello amigo Pastel Quente e a súa loba huargo Nymeria. Euron ataca a frota da súa sobriña Yara. | ||||||
63 | 3 | "The Queen's Justice" «A xustiza da raíña» | Mark Mylod | David Benioff e D. B. Weiss | 30 de xullo de 2017 | 9,24 |
Jon Snow coñece a Daenerys en Dragonstone. Euron entra triunfal en King's Landing e entrega ás reféns Ellaria e Tyene Sand perante Cersei. Jorah é curado de psoriagrís. Cersei víngase pola morte de Myrcella. Os Inmaculados atacan Casterly Rock, aínda que as forzas dos Lannister abandonaron na súa maioría o castelo para capturar Highgarden, que leva á morte de Olenna Tyrell, non sen antes confesar ante Jaime que matou a Joffrey. | ||||||
64 | 4 | "The Spoils Of War" «Botíns de guerra» | Matt Shakman | David Benioff e D. B. Weiss | 6 de agosto de 2017 | 10,16 |
Jon amosa a Daenerys unha cova chea de vidriagón e unhas pinturas rupestres dos Nenos do Bosque sobre os Camiñantes Brancos. Cersei negocia co Banco de Ferro. Arya regresa a Winterfell e atópase cos seus irmáns. Despois de perder a frota de Yara Greyjoy, o exército e o apoio económico de Dorne e Highgarden, Daenerys sae a atacar co seu dragón Drogon ás hostes dos Lannister xunto cunha horda de salvaxes dothrakis. | ||||||
65 | 5 | "Eastwatch" «Eastwatch» | Matt Shakman | Dave Hill | 13 de agosto de 2017 | 10,71 |
Daenerys consegue a vitoria e acaba coa familia Tarly. Jorah volve ó servizo de Daenerys. Tyrion reúnese en segredo con Jaime para que convenza a Cersei para loitar contra os Camiñantes Brancos. Cersei revélalle a Jaime que está embarazada. Jon Snow e compañía cruzan de novo o Muro en busca dun non-morto para que o resto do continente lles crea e loiten. Sam abandona Oldtown farto de ser ignorado. | ||||||
66 | 6 | "Beyond the Wall" «Alén do Muro» | Alan Taylor | Jeremy Podeswa e Mark Mylod | 20 de agosto de 2017 | 10,24 |
En Winterfell, Sansa e Arya comezan unha disputa por mor de Petyr. Sansa descobre as caras de Arya. Jon e compañía adéntranse alén do Muro até dar cunha horda de Camiñantes Brancos, conseguen capturar a un non-morto pero vense atrapados polo exército. Gendry consegue escapar até o Muro e manda un aviso de socorro a Daenerys. Thoros de Myr morre conxelado tras sufrir unha ferida. Daenerys acode na súa axuda a pesar dos consellos de Tyrion. O Rei da Noite acaba cunha lanza xeada coa vida do dragón Viserion. Daenerys consegue escapar con todos menos Jon, que é salvado polo seu tío Benjen que termina sacrificándose por el. Jon, ferido chega ó Muro e xura lealdade a Daenerys. O Rei da Noite saca o cadáver de Viserion do lago xeado e resucítao como un Dragón camiñante branco. | ||||||
67 | 7 | "The Dragon and the Wolf" «O dragón e o lobo» | Jeremy Podeswa[29] | David Benioff e D. B. Weiss | 27 de agosto de 2017[3] | 12,07[30] |
En King's Landing, prodúcese unha reunión cos Lannisters. Cersei pídelle a Jon neutralidade na Gran Guerra, pero mantén o seu xuramento a Daenerys, o que provoca que Cersei se vaia. Tyrion reúnese en privado con Cersei, e aparentemente é persuadida para seren aliados. Cersei máis tarde revélalle a Jaime que estaba mentindo e que pretende contratar a Compañía Dourada de Braavos para asegurar o seu dominio en Westeros. Desgustado, Jaime deserta e marcha cara ó norte. Camiño de White Harbor, Jon e Daenerys déitanse. En Dragonstone, Theon gaña o repecto dos seus homes e lidéraos para rescatar a Yara. En Winterfell, Littlefinger sementa a inimizade usando o comportamento ameazante de Arya contra Sansa, que convoca un xuízo. Despois de listar os actos de traizón de Littlefinger contra a Casa Stark e o Norte, Sansa ordénalle a Arya executalo. Samwell chega a Winterfell e encóntrase con Bran, e ambos falan sobre a orixe de Jon. Decátanse de que Jon é un auténtico Targaryen chamado Aegon e que é o verdadeiro herdeiro do Trono de Ferro, xa que os seus pais, Rhaegar Targaryen e Lyanna Stark, casaron en segredo. En Eastwatch, o dragón morto Viserion dana o Muro, permitindo ó exército do mortos marchar cara ó sur. |
A Game of Thrones (1996) · A Clash of Kings (1998) · A Storm of Swords (2000) · A Feast for Crows (2005) · A Dance with Dragons (2011) · The Winds of Winter (TBA) | |||||||||||||||
Franquía |
| ||||||||||||||
Misceláneas |