Frank-Walter Steinmeier
Nacemento5 de xaneiro de 1956
Lugar de nacementoDetmold
NacionalidadeAlemaña
RelixiónEvangelical Church in Berlin, Brandenburg and Silesian Upper Lusatia
Alma máterUniversidade de Giessen e Universidade de Giessen
Ocupaciónpolítico e avogado
CónxuxeElke Büdenbender
FillosMerit Steinmeier
PremiosCabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Grand Cross of Royal Norwegian Order of Merit, Grã-Cruz da Ordem do Mérito, Grand Cross of Honor for Services to the Republic of Austria, grande oficial da Lexión de Honor, doutor honoris causa pola Universidade Hebrea de Xerusalén, Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique, Grand Cross with Collar of the Order of the White Rose of Finland, Grand Cross with Collar of the Order of the Three Stars, doutor honoris causa pola Universidade de Atenas, honorary doctor of the University of Paderborn, The honorary doctor of Lebanese University, Ordem do Falcão, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Order of Merit of the Ministry of Foreign Affairs, Grand Cross of the Order of the White Double Cross‎, Orde do Elefante e Prêmio Ignatz Bubis
Na rede
http://www.frank-walter-steinmeier.de
IMDB: nm2841272 Allocine: 426287
Facebook: Bundespraesident.Steinmeier Discogs: 3824920 WikiTree: Steinmeier-12 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Frank-Walter Steinmeier, nado o 5 de xaneiro de 1956 en Detmold, Renania do Norte-Westfalia, é un político alemán, membro do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD, polas súas siglas en alemán). É o actual Presidente de Alemaña dende o 19 de marzo de 2017. Dende 2005 até 2009 e novamente de 2013 a 2017 foi ministro de Relacións Exteriores, dende novembro de 2007 tamén vicechanceler de Alemaña. En outubro de 2007 foi elixido vicepresidente federal do SPD. De 1999 a 2005 foi xefe da Chancelería Federal (cargo comparable ó ministerio da Presidencia); durante o primeiro semestre de 2007 ademais foi presidente do Consello da Unión Europea. O 7 de setembro de 2008 foi nomeado candidato a chanceler de Alemaña polo SPD para as eleccións de 2009, enfrontándose a Angela Merkel.[1]

En febreiro de 2017 foi elixido como presidente de Alemaña. Asumiu o cargo o 19 de marzo.[2]

Traxectoria

Steinmeier naceu en 1956 como fillo dun ebanista e unha obreira, ambos de relixión protestante. Logo de prestar o seu servizo militar, estudou dereito entre 1976 e 1980, despois seguiu estudos de ciencias políticas entre 1980 e 1982 na Universidade de Gießen. Traballou na facultade de Dereito Público e Ciencias Políticas e escribiu unha tese doutoral sobre as persoas sen fogar. Está casado e ten unha filla.

Notas

  1. Os socialdemócratas de Alemaña nomean ao ministro de Exteriores como candidato a chanceler, O País (España), 7 de setembro de 2008.
  2. Gaucks „Amtszeit endet am 18. März, 24.00 Uhr.“ bundespraesident.de (en alemán).