Francisco Manuel de Melo
Nacemento23 de novembro de 1608
Lugar de nacementoLisboa
Falecemento24 de agosto de 1666
Lugar de falecementoLisboa
NacionalidadeReino de Portugal
Ocupaciónescritor, oficial e poeta
PaiLuís de Melo
NaiMaría de Toledo y Mazuelos
FillosBernarda
editar datos en Wikidata ]

Francisco Manuel de Melo, nado en Lisboa o 23 de novembro de 1608 e finado o 24 de agosto de 1666, foi un escritor, político e militar portugués, aínda que pertenza, de igual xeito, á historia literaria, política e militar da España.

Traxectoria

É un representante máximo da literatura barroca peninsular. Dedicouse á poesía, ao teatro, á historia e a epistolografia. Tendo publicado cerca de dúas decenas de obras durante a súa vida, foi aínda autor doutras, publicadas postumamente.

Francisco Manuel de Melo estivo ao servizo do rei Filipe IV, logo ao do xa independente monarca portugués. En castelán escribiu a Historia de los movimientos, separación y guerra de Cataluña (1645). En Alterações de Évora, analiza os inicios do movemento independentista de Portugal en 1640. O Auto do Fidalgo Aprendiz está considerado a mellor peza teatral lusa do XVII. Escribiu tamén o ensaio moralizante Carta de Guía de Casado (1650).