Ferrolterra denomina a unidade territorial das terras do norte da provincia da Coruña que abrangue os vinte concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. En certos campos[onde?] engádense algúns concellos do norte da comarca de Betanzos.
O seu uso é común no ámbito turístico, considerándoa coma unha rexión turística que integra tamén o concello de Vilarmaior[1][2]. Turismo de Galicia defínea como un xeodestino[1].
Outros exemplos do seu uso atópanse nos campos da sanidade, da educación, do sector empresarial[3] ou deportivo. Un exemplo deste último eido é a Delegación territorial de Ferrol da Federación Galega de Fútbol[4] que abarca tamén os concellos de Miño e Vilarmaior.
Ás veces confúndese Ferrolterra coa Comarca de Ferrol[5].