A escola de Frankfurt foi unha corrente académica de mediados do século XX que abrangueu as investigacións de varios sociólogos, psicólogos, economistas e filósofos neo-marxistas asociados ao Instituto de Investigacións Sociais da Universidade de Frankfurt.
O proxecto do Instituto consistía en renovar a teoría marxista da época, incidindo sobre todo no desenvolvemento interdisciplinario e na reflexión filosófica sobre a práctica científica. Para esta tarefa conseguiu concitar os esforzos de estudosos de diferentes ámbitos. A escola foi a primeira institución académica alemá que abrazou abertamente o marxismo. Transladouse ao exilio americano durante o réxime nazi, para regresar a Frankfurt após a vitoria aliada.
Malia a que o Instituto continuou activo so a dirección de Axel Honneth, adoito considérase Jürgen Habermas o último membro da escola de Frankfurt como tal.
Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |