Sede administrativa da entidade local Arcos da Condesa (Caldas de Reis).

Dentro da división territorial dos concellos existen casos particulares que se constitúen en Entidades Locais Menores, entes con personalidade xurídica propia de ámbito inferior ó municipal creados para facilita-la administración descentralizada de núcleos de poboación afastados da capital municipal[1].

Esta figura está presente nas distintas comunidades autonómicas, onde recibe diferentes denominacións: Entidade local autónoma en Andalucía, Entidade municipal descentralizada en Cataluña ou pedanía na Comunidade Valenciana e Murcia.

Corresponden ó que tradicionalmente se viña denominando casaríos, parroquias, aldeas, lugares, concellos abertos, anexos e outras figuras análogas. Estas entidades de poboación poden solicita-lo recoñecemento como Entidade Local Menor se cumpren determinadas condicións.

Regulación

[editar | editar a fonte]
Papeleta electoral para as eleccións á alcaldía pedánea de Vilasobroso, 2023.

A creación, organización e funcionamento das Entidades Locais está contemplada na lei 7/1985 Reguladora de Bases do Réxime Local[2] que delega na lexislación autonómica a regulación do seu funcionamento. En Galicia, están reguladas pola Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia[3]. O status de Entidade Local Menor foi recoñecido por primeira vez trala aprobación do Estatuto municipal do ano 1924, que as definía como un núcleo separado de edificacións, formado por un conxunto de persoas e bens, con dereitos e intereses peculiares e colectivos diferenciados dos xerais do municipio.

A iniciativa do nomeamento ha partir sempre da poboación interesada aínda que a súa solicitude debe ser aprobada polo concello ó que pertence ese lugar. Están presididas por un alcalde pedáneo e un órgano colexiado de control (a xunta veciñal), que forma parte da corporación municipal ó que pertenza esa entidade. Tamén existe a posibilidade de funcionar en réxime de concello aberto.

A designación das persoas que forman a xunta veciñal faise de acordo cos resultados das eleccións municipais correspondentes. O alcalde pedáneo é elixido directamente polos veciños da entidade, nun proceso electoral que coincide coas eleccións locais; as súas funcións son ordenar pagos e render contas, aplica-los orzamentos da entidade etc. Os membros da xunta veciñal, en número par que oscila entre 2 e 4 segundo a poboación, desígnanse tamén de acordo coa lexislación electoral xeral.

A lei de Administración local de Galicia establece á súa vez certas condicións ós núcleos de poboación que queiran constituírse en Entidade Local Menor: estar situados lonxe da capital municipal, reunir certas características peculiares propias, dispoñer de recursos suficientes para o seu funcionamento, e que a súa creación non condicione significativamente a capacidade económica do concello de modo que este non se ha ver impedido para mante-los servizos que preste ós veciños. Tamén establece que o núcleo que ostente a capitalidade municipal non pode constituírse en Entidade Local Menor.

As competencias das Entidades Locais Menores tamén están establecidas por lei: administración e defensa do seu patrimonio local, execución de obras e prestación de servizos de interese local (que deben asumir con fondos propios), vixilancia e mantemento de camiños rurais, montes, fontes e lavadoiros. O concello pode delegar nestas entidades funcións que lle sexan propias, sempre que estas o acepten e previa asignación dos recursos necesarios para asumir esas funcións.

Entidades locais menores en Galicia

[editar | editar a fonte]
Distribución das nove Entidades Locais Menores existentes en Galicia
Entidade Local Menor de Camposancos (A Guarda)

En Galicia existen nove entidades deste tipo, oito na provincia de Pontevedra e unha na de Ourense.[4]

Todas están integradas na FEGAMP como entes independentes do seu concello.

Escudos

[editar | editar a fonte]

Como se fosen un concello máis, e en contraste coas parroquias ordinarias, algunhas ELM tamén teñen escudo e bandeira oficial de seu:

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. IGE, Directorio de organismos públicos. Metodoloxía.
  2. Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases do Réxime Local (BOE nº 80, de 3.04.1985.
  3. Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia (BOE nº 237, de 3.10.1997).
  4. Atlántico (2019-07-07). "Pedáneos, los otros alcaldes rurales de Galicia". Atlántico (en castelán). Consultado o 2020-09-17. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2009. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2009. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2009. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2009. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2009. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2009. 
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2009. 
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2009. 
  13. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2009. 
  14. Ministerio da Gobernación (23 de maio de 1926). "Reales ordenes" (PDF). Gaceta de Madrid (en castelán) (143): 1072. BOE-A-1926-5154. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]