Coordenadas: 43°27′44″N 7°49′28″O / 43.462304511846, -7.8245206720157
O encoro da Ribeira é o máis pequeno dos dous encoros que se achan no río Eume. A súa construción rematou en 1965. Ten unha lonxitude duns cinco quilómetros e unha capacidade de 33 hectómetros cúbicos[1].
O encoro alimenta unha minicentral hidroeléctrica cunha potencia de 5940 Kw[2]. A empresa concesionaria da súa explotación é ENDESA.
O encoro está, na súa totalidade, no concello das Pontes. A súa situación río arriba, a pouca distancia da vila das Pontes, fai que abasteza de auga a esta vila e á súa central térmica. O club local de piragüismo, Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes[3], úsao como zona de adestramento.