Emil Jannings
Nome completoTheodor Friedrich Emil Janenz
Nacemento23 de xullo de 1884
LugarRorschach, Suíza
Falecemento2 de xaneiro de 1950
LugarStrobl, Austria
Causacancro de fígado
NacionalidadeAlemaña Alemaña
Cónxuxe(s)Hanna Ralph
Lucie Höflich
Gussy Holl
Profesiónactor
Na rede
IMDB: nm0417837 Allocine: 338 Allmovie: p35211 TCM: 94159 TV.com: people/emil-jannings
Musicbrainz: a6967f66-7090-44f4-a59a-17fa7150e692 WikiTree: Janenz-1 Find a Grave: 7040055 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Theodor Friedrich Emil Janenz, nado en Rorschach, Suíza o 23 de xullo de 1884 e finado en Strobl, Austria o 2 de xaneiro de 1950, foi un actor alemán.

Traxectoria

Naceu en Suíza, pero cando era novo marchou coa súa familia a Alemaña, onde comezaría a súa carreira teatral. Formou parte da compañía teatral de Max Reinhardt.

No cinema interveu en filmes como Der Letzte Mann antes de marchar a Hollywood. Jannings foi a primeira persoa en recibir un oscar, ao gañar o oscar ao mellor actor polos seus papeis en The Last Command e The Way of All Flesh.

Coa chegada do cinema sonoro a súa carreira en Hollywood comezou a declinar por mor do seu forte acento alemán, polo que volveu a Europa, onde protagonizou Der Blaue Engel, con Marlene Dietrich.

Durante o nazismo participou en filmes de propaganda. Trala guerra retirouse a Austria, adquirindo a nacionalidade austríaca en 1947.

Filmografía

Ano Filme
1914 Arme Eva
1914 Im Schützengraben
1914 Passionels Tagebuch
1916 Frau Eva
1916 Nächte des Grauens
1918 Die Augen der Mumie Ma
1919 Madame DuBarry
1920 Algol - Tragödie der Macht
1921 Die Ratten
1921 Danton
1922 Peter der Große
1922 Das Weib des Pharao
1924 Der Letzte Mann
1924 Das Wachsfigurenkabinett
1925 Varieté
1926 Herr Tartüff
1926 Faust - Eine deutsche Volkssage
1927 The Way of All Flesh
1928 The Patriot
1928 Street of Sin
1928 The Last Command
1930 Der blaue Engel
1932 Stürme der Leidenschaft
1941 Ohm Krüger
1942 Die Entlassung

Véxase tamén

Ligazóns externas