Ekkaia | |
---|---|
Orixe | A Coruña, Galiza |
Xénero(s) | Crust punk |
Membros | David (baixo), Javivi (guitarra), Marcos (batería), Nelson (voz) e Pablo (guitarra e voz) |
Ekkaia foi un grupo musical coruñés de crust punk[1] con letras en castelán que iniciou a súa actividade en 1999 co nome de Icon[2] e continuou nos comezos do século XXI. Foi unha das bandas máis influentes do xénero non só en Galiza (onde influíu a bandas coma Madame Germen) senón a nivel estatal ou mesmo doutros lugares. Adóitase falar do seu estilo como «neocrust» ou «crust melódico».[2]
Os seus membros foron[3] David (baixo), Javivi (guitarra), Marcos (batería), Nelson (voz) e Pablo (guitarra e voz, actualmente no grupo Sangre de Muérdago)[4].
O grupo toma o seu nome dun mar ficticio do legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien[5].