Biografía | |
---|---|
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | O Valadouro |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Edmundo Maseda Maseda é un labrego e político galego do PSdeG-PSOE.
Profesionalmente é labrego e dirixe unha explotación de faba de produción ecolóxica. Presidente da asociación veciñal Fraga das Lerias, foi elixido concelleiro do Valadouro nas listas do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 2011, e pasou a ser o voceiro municipal desa formación en 2013, cando o anterior cabeza de lista, Jose Luis García Rubal, presentou a súa dimisión. En xuño de 2013 liderou unha moción de censura do seu partido, a formación conservadora UDIVAL e o BNG contra o ata daquela alcalde popular José Manuel Lamela, que venceu, polo que se proclamou alcalde do Valadouro.[1].[2] Foi reelixido alcalde tralas eleccións municipais de 2015 e 2019.
Predecesor: José Manuel Lamela |
Alcalde do Valadouro 2013 - 2023 |
Sucesor: María José Fernández Díaz |
É sobriño-neto do acordeonista Eladio Maseda.