Edipo alcalde | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Edipo alcalde |
Director | Jorge Alí Triana |
Produtor | Jorge Sánchez Tomás Zapata |
Guión | Gabriel García Márquez Stella Malagon |
Baseado en | Edipo rei de Sófocles |
Intérpretes | Jorge Perugorria Ángela Molina Francisco Rabal Jairo Camargo |
Música | Blas Emilio Atehortúa |
Fotografía | Rodrigo Prieto |
Montaxe | Sigfrido Barjau |
Estudio | Caracol Televisión |
Estrea | 23 de agosto de 1996 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Colombia |
Xénero | Traxedia |
Na rede | |
Edipo alcalde é un filme colombiano de 1996 dirixido por Jorge Alí Triana,[1] e producido por Tomás Zapata e Jorge Sánchez. É unha interpretación moderna da traxedia clásica de Sófocles Edipo rei e o guión foi adaptado polo escritor Gabriel García Márquez.[2] O filme foi escollido como a candidato colombiano para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 69ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3][4]
Un alcalde é enviado a unha vila da cordilleira andina co obxectivo de que comece diálogos de conciliación entre a guerrilla e os labregos. Mentres fai o seu traballo, o alcalde coñece a Yocasta, esposa de Layo, que acaba de ser asasinado. O alcalde namórase de Yocasta, empeorando o problema no que se atopa.[5]