Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.)
Desert rock
Orixe musicalhard rock, blues rock, rock psicodélico, heavy metal, hardcore punk, rock alternativo
Orixe culturalcomezos dos 90 en Palm Desert

Desert Rock é un termo dado a varias bandas que proceden da escena musical da zona californiana de Palm Desert, polo que tamén é coñecida como escena de Palm Desert. Acotío catalogada tamén como stoner rock, a música contén fortes influencias latinas, ritmos de percusión repetitivos, e elementos de sicodelia. Josh Homme de Queens of the Stone Age fala ás veces tamén do termo robot rock para describir a música da súa banda.

O termo foi previamente aplicado, nos anos 80, a un tipo de punk sicodélico con doses de country, que xeralmente evocaban a zonas desérticas, caracterizado por pasaxes instrumentais épicas e letras que falaban de xente marxinal. Esta xeración de desert rockers estaba centrada na área de Arizona, particularmente en Tucson, a pesar de que moitas bandas tiñan fortes lazos coa escena musical dos Ánxeles, e moitas mudáronse a esta cidade.

Bandas notables da primeira xeración do desert rock

[editar | editar a fonte]

Bandas contemporáneas de desert rock

[editar | editar a fonte]