![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1965 ![]() Marrickville (Australia) ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia ![]() |
Educación | Universidade de Western Sydney (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro , actor de televisión , actor de dobraxe , produtor de cinema , actor de cinema , director de cinema , actor ![]() |
Período de actividade | 1987 ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
David Wenham nado o 21 de setembro de 1965 en Marrickville, Nova Gales do Sur, é un actor australiano de cine e televisión que acadou a fama internacional en 2002 pola súa interpretación de Faramir na triloxía d'O Señor dos Aneis de Peter Jackson.
A súa primeira interpretación consistiu nun pequeno papel na serie Sons and Daughters (1982). Despois de participar noutras series de televisión, deu o salto ó cine con Greenkeeping (1992) e Cosi (1996), das cales recibiu os parabéns do público e da crítica australiana. Pero foi con The Boys (1998) cando se afianzou definitivamente como un dos grandes actores australianos, conseguindo diversos premios e nomeamentos.
En 1998 tivo un papel principal na serie Seachange, de grande éxito, que lle serviu para afianzar a súa popularidade. En 1999 protagonizou o filme Molokai, para a que interpretou a vida do padre Damián de Molokai nunha comunidade de leprosos no Hawai do século XIX.
A participación de Wenham en filmes máis de sona mundial inclúen un pequeno papel en Mouling Rouge! (2001), o personaxe de Faramir en O Señor dos Aneis: As Dúas Torres (2002) e O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei (2003) da triloxía d'O Señor dos Aneis de Peter Jackson, ó monxe Carl en Van Helsing (2004) e ó soldado espartano Dilios en 300 (2007).
Tamén foi protagonista na versión teatral de Cyrano de Bergerac en Melbourne durante o 2005.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Wenham ![]() |