Danny Carey
Nome completoDaniel Edwin Carey
Data nacemento10 de maio de 1961 (62 anos)
Nado enLawrence (Kansas)
Ocupaciónbatería, músico de jazz e compositor de cancións
Instrumento(s)batería, percusión
Relacionado conTool, Pigmy Love Circus, VOLTO!, ZAUM, Green Jellÿ, The Wild Blue Yonder
Na rede
http://www.dannycarey.com/
IMDB: nm0136927 Musicbrainz: b63a1df4-19dd-4cdb-a0f5-0e575d1f080f Discogs: 206290 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Daniel "Danny" Edwin Carey, nado o 10 de maio de 1961 en Lawrence (Kansas), é un batería estadounidense, actualmente na banda Tool. Tamén contribuíu en álbum de artistas coma ZAUM, Green Jellÿ, Pigface, Skinny Puppy, Adrian Belew de King Crimson, Carole King, Collide, The Wild Blue Yonder, Lusk e The Melvins.

Traxectoria

O primeiro encontro de Danny coa batería foi cando tiña dez anos, cando se uniu á banda da escola e comezou a ir a clases privadas de caixa. Dous anos despois Danny comezou a practicar cunha batería e comezou a traballar cun profesor particular. Na escola de secundaria uniuse á banda de jazz e comezou a estudar cun novo profesor, desta vez especializado en jazz. A medida que avanzaban os seus estudos primeiro de secundaria e posteriormente na University of Missouri - Kansas City, foi ampliando os seus estudos de percusión con teoría dos principios da xeometría, ciencia e metafísica. Danny tamén tocou jazz mentres ía ao instituto e experimentou nesa escena en Kansas City.

Danny deixou Kansas e marchou cara aos Ánxeles, onde traballou como batería de estudio con bandas como a de Carole King e tocou en directo con Pigmy Love Circus. Tamén tocou en Green Jellÿ coma Danny Longlegs e gravou o álbum Cereal Killer. Finalmente entraría a formar parte de Tool despois de coñecer ao vocalista Maynard James Keenan e ao guitarrista Adam Jones. Ademais de Tool, Carey participou tamén doutros proxectos coma Pigmy Love Circus, VOLTO! e ZAUM.

Relixión e ocultismo

A pesar de que Carey non se alineou con ningunha escola filosófica ou relixión en particular, amosou un profundo interese na comprensión das artes máxicas, xunto con varias ciencias ocultas. Símbolos enoquianos, deseños xeométricos e instrumentos percusivos especialmente simbólicos poden atoparse na súa baterías. Tamén é colecionista de primeiras edicións de libros do ocultista Aleister Crowley, así como de libros dun dos discípulos deste, Kenneth Grant.