Daap hyut cam mui | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 踏血尋梅 |
Director | Philip Yung |
Produtor | Julia Chu |
Guión | Philip Yung |
Intérpretes | Aaron Kwok Elaine Jin Patrick Tam |
Música | Ding Ke |
Fotografía | Christopher Doyle |
Montaxe | Philip Yung Chu Ka-yat |
Estudio | Mei Ah Film Production Golden Gate Productions |
Distribuidora | Mei Ah Entertainment |
Estrea | Hong Kong: 6 de abril de 2015 |
Duración | 120 minutos |
Orixe | Hong Kong |
Xénero | Crime e suspense |
Orzamento | 5 millóns de dólares[1] |
Recadación | 1,25 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
|
Daap hyut cam mui (en chinés: 踏血尋梅) é un filme de Hong Kong de 2015 escrito, editado e dirixido por Philip Yung e protagonizado por Aaron Kwok como un veterano detective de policía que resolve un misterio de asasinato con métodos pouco habituais para demostrar a súa crenza na virtude na natureza humana. O filme baséase nun caso de asasinato real onde se atopou un cadáver desmembrado dunha prostituta de 16 anos asasinada en Hong Kong en 2008.[3] Daap hyut cam mui foi o filme que pechou a 39ª edición do Festival Internacional de Cinema de Hong Kong o 6 de abril de 2015.[4][5][6]
Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[7][8][9]