Cuadernos de Estudios Gallegos | |
---|---|
País | España |
Lugar de publicación | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua castelá e lingua inglesa |
Primeira edición | 1944 e 2000 |
Circulación | |
ISSN | 0210-847X |
OCLC | 2067860 |
Na rede | |
http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cuadernos de Estudios Gallegos é unha publicación científica, de periodicidade irregular, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC), con sede en Santiago de Compostela.
O primeiro número é de 1944. A temática da revista abrangue áreas como a prehistoria, a arte, a crítica literaria, a filoloxía ou a etnografía e refírese principalmente a Galicia. O idioma empregado é fundamentalmente o castelán. Está dirixida por Eduardo Pardo de Guevara, director do propio IEGPS, cargo que ocuparon anteriormente Francisco Javier Sánchez Cantón e Xosé Filgueira Valverde sucesivamente.
Na páxina web do Instituto pódense descargar os contidos da revista publicados a partir de 1991.
Publicou artigos de, entre outros autores: Fermín Bouza-Brey, Isidro García Tato, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Paulino Pedret, Vicente Risco, Francisco Javier Sánchez Cantón e Xesús Taboada Chivite.