codeso común | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Adenocarpus compliactus' (L.) J.Gay |
O codeso común[1] (Adenocarpus complicatus), é unha especie da familia das fabáceas, semellante á xesta. Tamén recibe os nomes comúns de cítiso e piorno.[2]
Arbusto de até 2 m, aínda que xeralmente é de menor tamaño. Pólas estriadas en sentido lonxitudinal. Follas trifoliadas e pecioladas; cada folliña lanceolada ou oblanceoalada, cubertas dun veludo polo envés e lampiñas ou lago vilosas pola face. Flores en acios terminais alongados, máis estreitos canto máis preto do ápice; cáliz bilabiado cuberto de pelos (en ocasións glandulares) co labio superior máis curto ca o inferior e dividido profundamente en dous lóbulos triangulares; corola con forma de bolboreta de cor amarela ou amarela-alaranxada, de 9–15 mm de lonxitude. Froito en legume densamente cuberto de tubérculos glandulares, de 15–45 mm de longo por 5–6 mm de largura. Florea na primavera e no verán.[3]
Medra na rexión mediterránea e suroeste de Europa (chegando até o centro de Francia). Na Península Ibérica esténdese por todas as comarcas con terreos silíceos, dende o País Vasco a Galiza polo norte, e por toda a metade occidental, penetrando até o centro. Medra en matogueiras, uceiras e bosque aclarados dos pisos inferior e montano (desde o nivel do mar até uns 1.500 m de altitude), fundamentalmente en terreos silíceos (granitos, gneis etc), ás veces en solos areentos.[4] Tamén aparece na illa de Madeira; no norte de África aparece nas montañas do norte de Marrocos (Rif e Atlas Medio central e setentrional) e nas de Kabylia en Alxeria (Montes de Akfadou, Jebel Tamesguida e Jebel Babor).[5]
É unha especie extraordinariamente polimorfa, que comprende varias razas ou subespecies que na Península Ibérica non amosan unha distribución claramente diferenciada.
O codeso común é unha das sete plantas esenciais usada nas herbas de San Xoán; polo que é considerada con propiedades máxicas e medicinais. Existe a tradición de pedir un desexo e anoar os seus varelos para que se cumpra, quizais derivado de que fose un arbusto sagrado na antigüidade.[Cómpre referencia]
Adenocarpus complicatus foi descrita por (Carl von Linné) J.Gay e publicado en Annales des Sciences Naturelles, Botanique II, 6: 125. 1836.[6][7]
Adenocarpus: nome xenérico que procede do grego aden, que significa "glándula" e karpos, que significa "froito", facendo referencia a unha característica dos legumes destas plantas.[8]
complicatus: epíteto latino que significa "dobrado sobre si mesmo".[9]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Codeso |