Chandraayan 1 | |
---|---|
Esquema de Chandrayaan 1 | |
Tipo | Sonda lunar |
Contratistas principais | ISRO |
Data de lanzamento | 22 de outubro de 2008, 00:52 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | PSLV-XL[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro espacial de Sriharikota[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Estudo da Lúa.[2][3][4] |
NSSDC ID | 2008-052A |
Masa | 523 kg (baleiro), 1380 kg (cheo de propelente)[2][4][5] |
Potencia | 750 vatios[2] |
Baterías | Baterías de ión litio[5] |
Chandrayaan 1 ("vehículo lunar", en sánscrito) foi unha sonda lunar da India, lanzada o 22 de outubro de 2008, mediante un foguete PSLV-XL desde o centro espacial de Sriharikota.[1][2][4][5]
Chandrayaan 1 foi a primeira sonda lunar da India. Foi lanzada nunha órbita inicial moi elíptica, cun perixeo de 255 km e un apoxeo de 22.860 km, cunha inclinación orbital de 17,9 graos respecto do ecuador e un período dunhas 6 horas e media. O motor da nave foi usado varias veces para elevar progresivamente a órbita:[5]
Tralo último aumento do apoxeo, a nave chegou ás inmediacións da Lúa, onde o 8 de novembro ás 11:21 UTC acendeu o motor para frear a súa velocidade e entrar finalmente en órbita lunar. A órbita inicial arredor da Lúa tiña un periastro de 504 km e aun apoastro de 7502 km.[5]
Unha serie de manobras posteriores foi reducindo a altura da órbita sobre a Lúa:[5]
O 14 de novembro ás 14:36 UTC Chandrayaan 1 soltou a subsonda Moon Impact Probe (MIP), que impactou na zona do polo sur lunar ás 15:01 tras un voo de 25 minutos. Chandrayaan 1 continuou explorando a Lúa desde a súa órbita durante os dous anos seguintes.[5]
Chandrayaan 1 tiña forma de cubo, cunha masa de 1380 kg no lanzamento e de 675 kg unha vez en órbita lunar, tras gastar parte do propelente. Levaba 11 instrumentos científicos a bordo e estabilizábase nos tres eixos mediante dous sensores estelares, xiroscopios e catro volantes de inercia. A enexía era proporcionada por un único panel solar que podía producir ata 750 vatios de potencia. Durante os momentos de eclipse a enerxía era proporcionada por baterías de ión litio. O sistema de propulsión bipropelente proporcionou o aumento de órbita necesario para alcanzar a Lúa. As comunicacións tiñan lugar mediante unha antena parabólica de 0,7 metros de diámetro con mecanismo de cardán para seguir a estación terrestre unha vez en órbita lunar e sando a banda X para a transmisión de datos e a banda S para telemetría, seguimento e a transmisión de comandos. Os datos podíanse gardar a bordo, en tres grabadoras de estado sólido con capacidades de 32, 10 e 8 Gbit.[5]
Chandrayaan 1 levaba 11 instrumentos científicos a bordo:[5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chandrayaan 1 |