Cerceta

Macho en voo


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Superorde: Galloanserae
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anatinae
Xénero: Anas
Especie: A. crecca
Nome binomial
'Anas crecca'
Linnaeus, 1758
Distribución mundial. Verde claro: só verán Verde escuro: todo o ano Azul: só inverno
Distribución mundial.
Verde claro: só verán
Verde escuro: todo o ano
Azul: só inverno

Distribución mundial.
Verde claro: só verán
Verde escuro: todo o ano
Azul: só inverno
Sinonimia

Anas crecca crecca Linnaeus, 1758
Anas crecca nimia Friedmann, 1948

Ovos de cerceta.

A cerceta,[2][3] ou charneco,[4] (Anas crecca) é unha ave anseriforme do xénero dos patos nadadores (Anas). É o pato máis pequeno dos que viven en Europa, cunha lonxitude de entre 35 e 36 cm. Nas ribeiras do río Louro atópase a única zona de cría regular da Península Ibérica.

Descrición

As cercetas pesan entre 250 e 400 gramos, sendo os machos algo máis pesados que as femias, e teñen unha envergadura de ás que vai dos 53 ós 59 cm.

Coma moitos outros parrulos, amosan un notable dimorfismo sexual. Os machos teñen unha plumaxe de gala predominantemente agrisada. A diferenza da tamén pequena cerceta albela (Anas querquedula) o peito de ámbolos dous sexos ten unha coloración clara, con manchas da cor do ante ou pardas claras. A cabeza é castaña brillante, cunha faixa lateral ancha verde que rodea os ollos e chega á caluga. Esta faixa ten unha beira de cor crema, que non aparece na variedade norteamericana, que é considerada por algúns autores unha especie separada, a cerceta de Carolina co nome científico de Anas carolinensis. A parte posterior do corpo dos machos é negra cun triángulo de cor amarelada. O espello alar ten en ámbolos dous sexos unha coloración verde brillante e ten as beiras brancas. As femias son amarronadas, coa cabeza máis escura e co pescozo e as meixelas cun raiado fino pardo.

A plumaxe de eclipse dos machos, á que mudan entre xuño e agosto e que perden entre setembro e novembro, é moi semellante á das femias, por ben que é algo máis escura polo lombo e as ás. Os dous sexos teñen os lados do bico con cores que van do laranxa ó verdoso. As patas son grises e o iris ocular castaño.

Subespecies e distribución

Macho de cerceta común.

A especie adoita separarse en tres subespecies:

A poboacións meirandes da especie reprodúcense na zona dos bosques boreais de coníferas e na tundra.

Na época reprodutora permanecen preto de pequenas zonas acuáticas. Durante a migración descansan principalmente en zonas de auga doce.

Alimentación

Son principalmente vexetarianas, malia que capturan tamén invertebrados que buscan entre a lama. O seu pequeno tamaño obrígaas a busca-lo alimento na auga por riba dos 20 cm de profundidade.

Reprodución

Cartaz explicativo sobre o charneco na vila de Caión.

Coma en tódolos patos nadadores auténticos, as parellas fórmanse xa a finais do inverno. O punto culminante do cortexo empeza coa chegada ás zonas de reprodución. As cerimonias inclúen voos de persecución, que serven para marca-lo territorio.

Fan os niños entre a vexetación que medra ó longo da auga, por ben que ás veces poden verse niños a algunha distancia das ribeiras. As femias poñen, a partir de finais de abril, entre oito e dez ovos averdesados, nalgunhas ocasións de cor crema. Cando empezan a poñer, as cercetas vólvense moi discretas e prefiren pasa-lo día entre a vexetación mesta.

A incubación, que dura entre 21 e 23 días, realízana exclusivamente as femias, que tamén se encargan de criar os polos, xa que os machos comezan a remuda-las plumas cando as femias aínda están chocando. Nai e polos pasan o máis do tempo entre as plantas da ribeira. Só cando os polos empezan a voaren, uns 53 días despois da posta, ousan saír a augas abertas.

Status

A desaparición das zonas tradicionais de cría fixo reducir as poboacións da especie nelgunhas áreas. Malia isto, as cercetas son, a nivel global, unha das aves acuáticas máis abundantes e mesmo están a vivir unha certa recuperación. No oeste da rexión paleártica calcúlase os seus números en ó redor de 1,4 millóns de exemplares, e a poboación norteamericana é duns 1,7 millóns.

A cerceta como ave doméstica

As cercetas son criadas en catividade dende hai moito tempo. En Europa é sobre todo a raza local Anas crecca crecca a que se utiliza como ave doméstica. A cría doutras razas pode causar problemas, porque existe a posibilidade de que exemplares fuxidos se mesturen coas aves da zona.

Notas

  1. BirdLife International (2012). "Anas crecca". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cerceta.
  3. Cerceta (Anas crecca). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
  4. Definición de charneco no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas