Cassandra Clare
Nome completoJudith Rumelt
AlcumeCassandra Clare
Nacemento27 de xullo de 1973 e 31 de xullo de 1973
Lugar de nacementoTeherán
NacionalidadeEstados Unidos de América e Irán
Relixióncatolicismo
Alma máterBarnard College
Ocupaciónescritora, guionista, escritora de literatura infantil, novelista, xornalista e produtora
PaiRichard Rumelt
Coñecida porOs Instrumentos Mortais
Na rede
https://cassandraclare.com
IMDB: nm3673996 Allocine: 413744 Allmovie: p716125
Twitter: cassieclare Musicbrainz: ec28339e-2741-4c8b-b521-6be91e228391 Discogs: 4557957 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Judith Rumelt, máis coñecida polo seu pseudónimo de escritora Cassandra Clare, nada o 27 de xullo de 1973 en Teherán (Irán), é unha autora estadounidense de ficción adulto-xuvenil coñecida pola súa serie best-séller The Mortal Instruments.

Traxectoria

De pais estadounidenses naceu en Teherán (Irán). É filla do tamén autor Richard Rumelt e neta do produtor de cine Max Rosenberg.

Tras unha infancia na que viaxou moito (Suíza, Inglaterra, Francia...), afincouse nos Ánxeles para cursar a educación secundaria. A partir de entón compaxinou este lugar de residencia con Nova York, onde traballou en diversas revistas de entretemento, como The Hollywood Reporter.

Mentres vivía en California comezou a escribir fan ficion empregando o pseudónimo de Cassandra Clare. The Drako Triology, baseada en Harry Potter, en concreto no personaxe de ficción Drako Malfoy, e The Very Secret Diare baseado no Señor dos Aneis foron moi populares. Con todo, Cassie, retirou de Internet estas obras xusto antes de que saíra publicada a súa primeira novela, City of Bones.

É amiga da escritora Holly Black e, en ocasións, os seus libros sobrepóñense. Cassie fai referencia aos personaxes de Holly e viceversa, como en Valliant cos personaxes Val ou Luis de Holly.

Na actualidade reside en Amherst (Massachusetts) co seu marido Joshua Lewis e tres gatos.

City of Bones

En 2004, Cassie comezou a traballar na súa primeira novela, City of Bones, inspirada na paisaxe urbana de Manhattan. Esta novela foi lanzada por Simon & Schuster en 2007.

City of Bones é unha historia fantástica contemporánea que xira en torno os personaxes de Clary Fray, Jace Wayland e Simon Lewis. Esta novela converteuse nun auténtico bestseller do New York Times dende o seu lanzamento. City of Ashes e City of Glass completan a triloxía, da que saíu, en 2011, unha cuarta parte, City of Fallen Angels e en 2012 unha quinta, City of Lost Souls, convertendo a triloxía nunha saga que finalizou en 2014 coa sexta entrega, City of Heavently Fire.

En 2009, Cassie tamén anunciou unha nova triloxía, precuela da anterior saga, chamada The Infernal Devices ambientada no mesmo universo ca The Mortal Instruments, pero situada na era vitoriana. Libros que conforman esta triloxía: Clockwork Angel, publicado no 2010, Clockwork Prince, publicado no 2011, e Clockwork Princess, publicado no 2013.

En 2013, City of Bones, foi levado ao cine por Unique Features e Constantin Film. Foi Jessica Postigo quen escribiu o guión e foi protagonizada pola actriz Lily Collins, quen interpretou o papel protagoista con Clary Fray, e Jamie Campbell Bower, quen interpretou o de Jace Wayland.

Véxase tamén

Ligazóns externas