Carmen | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Carmen |
Director | Carlos Saura |
Produtor | Emiliano Piedra |
Guión | Carlos Saura Antonio Gades |
Baseado en | Novela de Prosper Mérimée |
Intérpretes | Antonio Gades Laura del Sol |
Música | Paco de Lucía |
Fotografía | Teo Escamilla |
Montaxe | Pedro del Rey |
Estrea | 6 de maio de 1983 |
Duración | 102 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Musical e romance |
Recadación | 3,1 millóns de dólares (Estados Unidos e o Canadá)[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Carmen é un filme español de 1983 dirixido e coreografado por Carlos Saura e María Pagés. É a segunda parte da triloxía flamenca de Saura, precedida por Bodas de sangre e seguida de El amor brujo. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 56ª edición dos premios.[2]
Narra a historia de Antonio, o director dunha compañía de baile que anda a traballar na montaxe de Carmen de Bizet. Cando atopa a protagonista ideal, que tamén se chama Carmen, inicia con ela unha relación malsá que reproduce o libreto da ópera.