Carballido | |
---|---|
Concello | A Fonsagrada[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°14′03″N 7°08′22″O / 43.23422222, -7.13938889Coordenadas: 43°14′03″N 7°08′22″O / 43.23422222, -7.13938889 |
Área | 30,79 km² |
Poboación | 197 hab. (2019) |
Densidade | 6,4 hab./km² |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Carballido é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 210 habitantes (104 homes e 106 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 266.
Limita ao norte con Santo André de Logares e co concello da Pontenova, ao sur con Maderne e O Trobo, ao leste coa Veiga de Logares e ao oeste co concello de Ribeira de Piquín.
Está atravesada polo río Rodil, afluente do río Eo. A fraga de Carballido, con flora autóctona, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) Carballido.[3][4][5]
A economía da zona está baseada na agricultura e a gandaría de subsistencia. A densidade de poboación vai en descenso debido á emigración cara a cidades ou vilas maiores. Na parroquia existe un centro de educación primaria.
A igrexa parroquial de Santa María foi construída en 1721. A capela de Vilar de Carballido consta dunha soa nave e un pórtico. Ten un pequeno altar e varias tallas.
Lugares da parroquia de Carballido no concello da Fonsagrada (Lugo) | |
---|---|
A Burela | Carballido | A Graña | Gromaz | Lentomil | Llacín | A Pedreira | A Rebordela | Río de Sabugo | Sequeiro | A Torre | Torviso | Trevín | A Valiña das Ovellas | A Veiga dos Binteiros | Vilalba | Vilar de Calvos | O Vilar de Carballido |