Na sociedade tradicional galega eran os encargados destes labores e para iso tíñanse que desprazar dos seus lugares por longo tempo. Acostumaban viaxar en cuadrillas. Tiñan moitos problemas polos prexuízos sociais, sendo ás veces recibidos nos lugares onde traballaban con desconfianza. Para defenderse desa sociedade hostil e protexer os segredos do seu oficio empregaban unha xiria de carácter gremial: O verbo dos arxinas. Posuían ademais un cantar característico, o Cantar de Canteiro, que entoaban mentres traballaban acompañados das súas ferramentas.[1]
Na literatura popular quedan abondosas mostras da sona dos canteiros:
Canteiriño, arriba, arriba,/ cara a Santa Liberata,/ leva-los picos de aceiro/ halos de baixar de prata.
En palabras de canteiros,/ Rapazas, non vos fiedes;/ Collen os picos e marchan,/ E despois ¿qué lles faredes?
Pica, canteiriño, pica,/ pica na pedra miúda,/ pica na muller allea/ que outro picará na túa.
Pra nabos n’hai coma Lugo,/ pra canteiros, Pontevedra,/ pra rapaciñas bonitas/ hai que vir á nosa terra[2]
Se queres casa ben feita/ e a porca ben capada,/ canteiros de Pontevedra./ capadores de Moraña[3]
↑RAMÓN FERNÁNDEZ-OXEA, Xosé: "Cancionero y refranero de Corme", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Tomo VII, cuaderno 3º, 1951, 457-507, px. 502.