Calma total | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dead Calm |
Director | Phillip Noyce |
Produtor | Terry Hayes George Miller Doug Mitchell |
Guión | Terry Hayes |
Baseado en | Dead Calm de Charles Williams |
Intérpretes | Sam Neill Nicole Kidman Billy Zane |
Música | Graeme Revell |
Montaxe | Richard Francis-Bruce |
Distribuidora | Warner Bros. Roadshow Entertainment (Australia) |
Estrea | 7 de abril de 1989 19 de setembro de 2015 (TVG) |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Australia |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $10 400 000[1] |
Recadación | $7 825 000[2] |
Na rede | |
Calma total (en inglés: Dead Calm) é un filme estadounidense dirixido por Phillip Noyce que se estreou en 1989. Baséase na novela Dead Calm de Charles Williams. Foi estreado en galego a través da TVG o 19 de setembro de 2015.[3]
John e Rae deciden facer unha viaxe no seu pequeno iate de vela para intentar esquecer a morte do seu fillo nun accidente. Pero a travesía vese interrompida cando divisan un bote pneumático que foxe dunha goleta varada. O único ocupante do bote, un asustado mozo, explícalles que é o único supervivente dunha intoxicación alimentaria que acabou con toda a tripulación, pero o seu estraño comportamento fará sospeitar de que non está contando toda a verdade.