Bruce Pavitt
Nacemento7 de marzo de 1959
Lugar de nacementoChicago
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterEvergreen State College e Blackburn College
Ocupaciónprodutor musical
Na rede
http://www.brucepavitt.com/
Facebook: bruce.pavitt Twitter: brucepavitt Instagram: brucepavitt LinkedIn: bruce-pavitt-33319583 Musicbrainz: f5230572-06e4-453c-a1dd-7a4b560da3bb Discogs: 341519 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bruce Pavitt, nado en Chicago o 7 de marzo de 1959, é o fundador do selo discográfico de Seattle Sub Pop, coñecido por ser unha figura clave na popularización do movemento grunge.

Traxectoria

Pavitt comezou un fanzine titulado Subterranean Pop en Olympia en 1979 que trataba sobre bandas de rock independentes dos Estados Unidos. A través do fanzine foron editados tres casetes recompilatorios. En 1986 Pavitt mudouse a Seattle e editou o primeiro LP da Sub Pop (o -terranean do nome fora quitado tempo atrás): o Sub Pop 100. O EP de Green River Dry As a Bone seguiuno en 1987.

Pavitt coñeceu a Jonathan Poneman en 1986, cando este convidouno a unha entrevista na emisora KCMU coa intención de promocionar o Sub Pop 100. En 1987 Kim Thayil, que coñecía a Poneman dende mediados dos 70 ao asistir ao mesmo instituto, de Soundgarden suxeriu que unisen as súas forzas, ePoneman incorporouse ao selo coma co-director. En agradecemento Sub Pop editou o EP de Soundgarden Screaming Life.