Brigada Central | |
---|---|
Formato | Policial |
Dirixido por | Pedro Masó |
Intérpretes | Imanol Arias José Manuel Cervino Assumpta Serna José Coronado Isabel Serrano Ana Duato Enrique Simón |
País de orixe | España |
Lingua(s) | Castelán |
Episodios | 26 (2 tempadas) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Isidro Requena |
Duración | 50 minutos (aprox.) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Televisión Española |
Primeiro episodio | 2 de novembro de 1989 |
Derradeiro episodio | 7 de decembro de 1992 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Brigada Central é unha serie de televisión española de 26 episodios, dirixida por Pedro Masó e escrita polo escritor de novelas negras, Juan Madrid. Tivo dúas tempadas: a primeira, de 14 episodios, emitiuse entre o 2 de novembro de 1989 e o 2 de febreiro de 1990. A segunda, titulada Brigada central 2: La guerra blanca, con doce episodios, estivo en antena entre o 4 de outubro e o 7 de decembro de 1992.
Serie adicada ós policías de elite que son seleccionados para integrar o grupo especial da Brigada Central, que son os que realizan investigacións de alto nivel, como o crime organizado, delincuencia internacional, narcotráfico ou asasinatos en masa.
Xunto á labor profesional dos seus compoñentes, acompáñase un aspecto psicolóxico e persoal dos mesmos, en especial do xefe do grupo, un comisario de raza xitana chamado Manuel Flores (Imanol Arias), verdadeiro protagonista individual da serie. Xunto a el traballan o Comisario Poveda e os axentes Marchena, Lucas e Pacheco. No último episodio da primeira tempada, Flores era expulsado da Brigada Central.
Na segunda tempada Flores traballa como representante da policía no chamado grupo CETIS, un grupo creado no ámbito europeo para a loita contra o narcotráfico. É axudado polo policía francés Stan Krazwinovicz.