Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particular | territorio Británico de Ultramar | |||
Territorio Británico | Illa Montserrat | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 391 | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 52 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Brades (tamén chamado Brades Estate é unha vila e a capital de facto da illa caribeña de Montserrat desde 1998.[1] No 2009, contaba cunha poboación aproximada de 1000 habitantes.
A capital oficial de Montserrat en Plymouth no sur da illa foi abandonada en 1997 logo de ser enterrada pola erupción do volcán Soufriere Hills. Os edificios de goberno provisionais se construíron en Brades, converténdose na nova capital en 1998. A medida foi pensada inicialmente para ser temporal, pero mantívose e é a capital de facto da illa desde entón.[2] Suxeríronse varios nomes para a nova capital que agora estase construíndo na zona de Little Bay. Estes inclúen Porto Diana, en memoria de Diana, Princesa de Gales,[3] e St Patrick, para conmemorar os Levantamento do 17 de marzo e para atraer a turistas irlandeses-americanos. En apoio dos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres, a Escola Primaria de Brades participou nun "proxecto especial" pola paz mundial "que foi revelado nos Xogos, na que presentaron unha colcha que simbolizaba a paz, incluíndo unha representación da bandeira de Montserrat.[4]
Brades atópase no extremo noroeste de Montserrat. Atópase ao norte de San Pedro e Bunkum Bay, nas proximidades da Baía de Carr e Little Bay. A estrada principal da illa alcanza o seu punto máis ao norte na baía de Carr e logo diríxese ao sueste, pasando polo aeroporto no centro da illa.[5] A vila de Davy Hill atópase a veira da estrada principal ao nordeste; O río Collins pasa entre os asentamentos e desemboca en Little Bay. Ao nordeste de Brades, no centro, a illa convértese en outeiros, alcanzando unha altura de 403 m no pico de Silver Hill.[6]
A guía Frommer dixo da cidade: "En xeral, vostede obterá o sentido dunha pequena comunidade galvanizada nas novas formas de autosuficiencia e cooperación, cun grande énfases nas visitas relacionadas cos negocio dos equipos de construción británicos e as axencias de axuda internacional".[7] Brades contén varias pequenas tendas, un banco, unha sucursal do Royal Bank of Canada na estrada principal de Brades,[8] oficinas gobernamentais, unha oficina de correos, unha biblioteca e unha farmacia.[9] Runaway Travel, é a maior e máis completa axencia de viaxes de Montserrat ten a base en Brades.[7]
A empresa Gas Grant Enterprises and Trading ten as súas oficinas en Brades, do mesmo xeito que Montserrat Airways e o Padroado de Turismo de Montserrat.[10] As Cámaras do Procurador Xeral sitúase no nº 3 da Praza Farara en Brades.[11] Restaurantes coñecidos na zona son o Soca Cabana, unha choza de praia en Little Bay, que vende pratos de polo e peixe con música Reggae en vivo as noites dos venres, Peoples´s Place unha cabana na cima do outeiro azul e Tina na estrada principal de Brades que serve lagosta, hamburguesas, allo, camaróns, pastel de crema de coco e cervexa de xenxibre.
Scuba Montserrat, dirixido polos mergulladores con certificados PADI, Emmy Aston e Andrew Myers, atópase en Little Bay, preto da entrada do porto, é un lugar notable para o mergullo na illa. Ofrecen cursos de mergullo e snorkel, facendo excursións en barco a Rendezvous Bay ao norte e alugando kayaks bipraza. [12]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brades |