Bernardo Atxaga
Nome completoJosé Irazu Garmendia
AlcumeBernardo Atxaga
Nacemento27 de xullo de 1951 (72 anos)
 Asteasu, Guipúscoa, País Vasco País Vasco
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona e Universidade de Bilbao
Ocupaciónescritor, poeta, escritor de literatura infantil e guionista
CónxuxeAsun Garikano
IrmánsIñaki Irazu
EstudosCiencias Económicas
PremiosEuskadi award - Literature in Basque, Premio Euskadi de literatura infantil, Premio Euskadi de literatura en español, Beterriko Liburua Ohorezko Literatur Aipamena, Kritika Saria euskarazko narratibari, Kritika Saria euskarazko narratibari, Kritika Saria euskarazko narratibari, Kritika Saria euskarazko narratibari, Kritika Saria euskarazko narratibari, Premio Nacional das Letras Españolas, Premio Nacional de Narrativa e Premio Ostana
Na rede
https://www.atxaga.eus
IMDB: nm1547945 Allocine: 192765 Allmovie: p439706
Inguma: bernardo-atxaga Literaturaren Zubitegia: 197 Bitraga: 486 Dialnet: 124949 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Joseba Irazu Garmendia, coñecido co pseudónimo de Bernardo Atxaga, nado en Asteasu (Guipúscoa) o 27 de xullo de 1951, é un escritor vasco en lingua éuscara. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao e en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona. Dende o ano 2010 vive na localidade arabesa de Zalduendo.

Parte da súa obra foi traducida a numerosas outras linguas, sendo o escritor en éuscaro máis lido e traducido.[1] A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega concedeulle o galardón de Escritor Galego Universal para o 2014.[2] En 1996 o Centro PEN Galicia concedeulle o Premio Rosalía de Castro.[3]

Traxectoria

Fillo de carpinteiro e mestra, estudou Ciencias Económicas na Universidade de Bilbao, licenciándose en 1973. Pasou a traballar nun banco de Donostia. A finais da década regresou a Bilbao, e traballou como profesor de éuscaro, guionista para programas de radio, vendedor de libros e economista. A comezos da década de 1980 decidiu dedicarse profesionalmente á literatura. Marchou a Barcelona e licenciouse en Filosofía e Letras.

Obra

En 1972 escribiu o seu primeiro texto en éuscaro, a obra teatral Borobila eta puntua, incluída na antoloxía Euskal literatura 72. En 1975 publicou os seus primeiros textos na revista literaria Panpina Ustela, que editou xunto con Koldo Izagirre. En 1976 publicou Ziutateaz, a súa primeira novela, de corte vangardista. de 1978 é o poemario Etiopia. Pertenceu ao grupo literario de vangarda Pott (1978-1983) xunto a Joseba Sarrionandia, Ruper Ordorika, Jon Juaristi e outros escritores.

En 1988 publicou Obabakoak, unha mestura entre novela e antoloxía de contos, coa que acadou o Premio Nacional de Narrativa de 1989 e que foi traducida a 26 linguas. No ano 2005 foi levada ao cinema por Montxo Armendáriz co título de Obaba. Proseguiu o mundo 'Obaba en 2003 coa novela Soinujolearen semea, que trata a desaparición do mundo de Obaba.

En 1993 comezou un ciclo realista, coas novelas Gizona bere bakardadean (1993, finalista no Premio Nacional de Narrativa) e Zeru horiek (1995). En 1996 apareceu a antoloxía Nova Etiopía, cun CD no que cantantes e grupos vascos musican os seus poemas. En 2007 publicou Markak. Gernika 1937, onde que recolle reflexións sobre o bombardeo da vila de Gernika. De 2009 é a novela Zazpi etxe Frantzian, publicada ao mesmo tempo en éuscaro, castelán, catalán e galego.

Bibliografía

Novela e narrativa

Poesía

Ensaio

Teatro

Literatura infantil

Filmografía

Notas

  1. Atxaga: Espero que a mi vuelta de Reno, dentro de ocho meses, encuentre un país mejor Arquivado 25 de abril de 2009 en Wayback Machine. en Noticia de Álava
  2. Bernardo Atxaga, Escritor Galego Universal
  3. "pencongress 2016 Ourense". pencongress2016ourense.congressus.es. Consultado o 2020-12-14. 
  4. "Festival de San Sebastián". sansebastianfestival (en castelán). Consultado o 2020-01-14. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bibliografía