Arthur Honegger
Nome completoOscar-Arthur Honegger
Nacemento10 de marzo de 1892
Lugar de nacementoLe Havre
Falecemento27 de novembro de 1955
Lugar de falecementoParís
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoSaint-Vincent Cemetery
NacionalidadeSuíza e Francia
Alma máterConservatorio de París e Zurich University of the Arts
Ocupacióncompositor de música clássica, musicólogo, profesor de música, compositor de bandas sonoras e compositor
CónxuxeAndrée Vaurabourg
Coñecido porConcerto da camera e Danse de la chèvre
Premiosgrande oficial da Lexión de Honor
Na rede
http://arthur-honegger.com/
IMDB: nm0006131 Allocine: 37019 Allmovie: p94772
Spotify: 0QDRLNPr0wXKeR5ThXZAUp Musicbrainz: 7bcfc64a-ce4a-4065-947c-d037bca1e230 Songkick: 119585 Discogs: 361807 IMSLP: Category:Honegger,_Arthur Allmusic: mn0001203141 WikiTree: Honegger-75 Find a Grave: 8640946 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Arthur Honegger en 1928.

Arthur Honegger, nado en Le Havre (Francia) o 10 de marzo de 1892 e finado o 27 de novembro de 1955 en París (Francia), foi un compositor suízo e parisiense de adopción (xa que conservou a nacionalidade suíza toda a súa vida). Formou parte do grupo chamado Les Six (Os Seis).

As súas obras máis interpretadas son a súa composición para orquestra (Movemento Sinfónico Nº1) Pacific 231 (1923), que imita o son dunha locomotora de vapor; o seu Movemento Sinfónico Nº2 Rugby (1928), que imita o son dun partido de rugby (zigzagueos na música e os enfados entre os equipos); e tamén son famosas as súas sinfonías, en especial o primeiro movemento da Nº3 litúrgica ('Dies Irae'). A raíz da composición de Pacific 231 unha vez declarou: "Sempre amei as locomotoras con gran paixón. Para min, son seres vivos aos que amo, igual que outros aman ás mulleres ou aos cabalos".

Compositor prolífico e desexoso de ilustrar a transformación da sociedade, sobre todo pola técnica ou o deporte, Honegger escribiu para o teatro, a radio e o cine, así como para a sala de concertos: ballets, cancións, concertos, música de cámara, música de cine, óperas, oratorios, sinfonías.

Traxectoria

Nado en Le Havre como Oscar-Arthur Honegger (se ben nunca empregou o seu primeiro nome). En 1911, dous anos despois de se matricular no Conservatorio de Zürich (Suíza), s'être inscrit au Conservatoire de Zúric, Honegger o abandonou para estudar no Conservatorio de París, onde estudou violín e coñeceu a Darius Milhaud e Jacques Ibert. Foi alumno de Charles-Marie Widor e Vincent d'Indy. En 1918, abandonou o Conservatorio tendo xa composto melodías, o seu primeiro cuarteto e un poema sinfónico, Le Chant de Nigamon.

Entre a primeira guerra mundial e a segunda guerra mundial, Honegger foi un compositor prolífico. Compuxo a música para o filme épico Napoleón' de Abel Gance (1927). Unha das súas óperas, Jeanne d'Arc au bûcher (1935), està considerada como o seu traballo máis refinado. Ademais das óperas que escribiu en solitario, colaborou con Jacques Ibert na composición da ópera l'Aiglo (1937) así como na composición da opereta Les Petites Cardinal. Durante este período de tempo escribiu tamén Danse de la Chèvre (1921), unha peza para solo de frauta adicada a René Le Roy, unha peza viva e xuvenil. Moi atado á renovación do repertorio, recibiu a influencia de Igor Stravinski, sobre o cal escriu unha ensaio en 1939.

Honegger estivo sempre en contacto con Suíza, mais co inicio da Guerra e a invasión nazi, encontrouse atrapado en París. Uniuse á Resistencia francesa, aínda que nunca tivo excesivos problemas cos nazis, que lle permitiron seguir traballando sen demasiadas interferencias. Porén, a Guerra foi un duro golpe para o compositor. A pesar diso, dende o inicio da Guerra ata o momento da súa morte escribiu as súas últimas catro sinfonías (dende a segunda ata a quinta), as máis interpretadas.

Arthur Honegger morreu na súa casa en novembro de 1955 vítima dun ataque ao corazón, e está enterrado no Cemiterio de Saint-Vincent do barrio parisiense de Montmartre.

Homenaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas