Anxo é un nome propio masculino de orixe grega na súa variante en galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". É un nome moi común en todo o mundo occidental coas súas propias derivacións árabes e hebraicas. Os anxos teñen sido os gardiáns do ceo en termos bíblicos e de mitoloxía hebraica concordante coa relixión predominante na civilización occidental, xunto ao mundo hebraico actual e islámico. O feminino galego é Anxa ou Ánxela.
2 de outubro: Santos Anxos Custodios.
O feminino de Anxo, Anxa, Ánxela, Anxélica, Anxos, Ánxeles ou Anxelina vén pola advocación de Nosa Señora dos Anxos. A advocación xurdiu a raíz dun fenómeno atmosférico insólito producido un verán de moita seca que os fieis interpretaron como unha nevarada en pleno mes de agosto[1]. 4 de xaneiro: Santa Anxa: natural de Foligno, viviu no século XIII. 27 de xaneiro: Santa Anxa de Mericí: franciscana, viviu no século XV. 2 de outubro: Santos Anxos Custodios. 5 de novembro: Santa Ánxela da Cruz, Sevilla. 14 de decembro: Santa Anxa de Urbina e Antezana
A variante castelá Ángel desprazou a galega dende hai anos. Con todo, nos últimos anos a variante galega tense volvido moi popular. 2.398 varóns levan a variante galega do nome hoxe[cando?] en Galicia, 2.514 en toda España. 272 mulleres levan a variante Ánxela. A variante castelá Ángel ten 12.102 varóns en Galicia, porén non é un nome moi popular en Galicia se o comparamos con Castela, onde hai altas porcentaxes[2].
Variantes noutras linguas | |
---|---|
Lingua albanesa | Engjëlli |
Lingua alemá | Engel |
Lingua aragonesa | Anchel |
Lingua asturiana | Ánxelu |
Lingua búlgara | Ангел (Angel) |
Lingua catalá | Àngel |
Lingua checa | Anděl |
Lingua corsa | Anghjulu |
Lingua dinamarquesa | Angelus |
Lingua escocesa | Aingeal |
Lingua española | Ángel (fem. Ángela, Ángeles, Angelina e Angélica). |
Esperanto | Anĝelo |
Éuscaro | Aingeru, Gotzon |
Lingua finesa | Angelus |
Lingua francesa | Ange |
Lingua galega | Anxo |
Lingua grega | Άγγελος (Aggelos) |
Lingua neerlandesa | Angelus |
Lingua húngara | Angelusz |
Lingua hawaiana | Anhel |
Lingua inglesa | Angel |
Lingua italiana | Angelo[3] |
Lingua xaponesa | 天使 (tenshi) |
Lingua latina | Angelus |
Lingua lituana | Angelas |
Lingua maltesa | Anġlu |
Lingua norueguesa | Angelus |
Lingua polonesa | Anioł |
Lingua portuguesa | Anjo, Ângelo |
Lingua romanesa | Anghel |
Lingua rusa | Ангел (Angel) |
Lingua sarda | Angelu |
Lingua siciliana | Àncilu |
Lingua sueca | Angelus |