Antonio Saura | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1930 |
Lugar de nacemento | Huesca |
Falecemento | 22 de xullo de 1998 |
Lugar de falecemento | Cuenca |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor, escritor, ilustrador e debuxante |
Irmáns | Carlos Saura |
Coñecido por | sen etiquetar |
Premios | Premio Tomás Francisco Prieto |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Saura, nado en Huesca o 22 de setembro de 1930 e finado en Cuenca o 22 de xullo de 1998, foi un artista español, irmán do director de cine Carlos Saura e tío do produtor cinematográfico Antonio Saura.
Antonio Saura creceu durante a guerra civil española en Madrid, Valencia e Barcelona. Debido a unha enfermidade pulmonar a partir de 1943 tivo que pasar cinco anos en cama.
Sen educación académica, comeza a súa carreira artística como autodidacta, ten unha primeira exposición en Zaragoza en 1950 e expón finalmente en Madrid en 1952 cadros surrealistas. Tras o seu traslado a París a metade dos anos 50, súmase aos surrealistas.
Tras a súa volta a España, funda xunto con outros artistas o grupo El Paso. A súa primeira exposición en París tívoa en 1957. O ano seguinte, 1958, participa xunto con Antoni Tàpies e Eduardo Chillida na Bienal de Venecia e en 1959 é invitado á segunda edición de Documenta en Kassel (Alemaña). Durante esta época pinta cadros abstractos moi expresivos que con todo aínda conteñen a miúdo símbolos, por exemplo no seu Cristo Crucificado de 1959 ou o ciclo Brigitte Bardot.
A finais de anos 1950 comeza a cooperar co seu compatriota Antonio Tápies, co que realiza unha exposición conxunta na Documenta de 1959 en Múnic. Ambos son os principais expoñentes da arte informal española.
Antonio Saura é Doutor Honoris Causa pola Universidade de Castela-A Mancha, a cal deu o seu nome ao edificio que alberga a facultade de Belas Artes, unha das máis modernas e funcionais de España.