Amores perros | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Director | Alejandro González Iñárritu |
Produtor | Alejandro González Iñárritu |
Guión | Guillermo Arriaga |
Intérpretes | Emilio Echevarría Gael García Bernal Goya Toledo Álvaro Guerrero Vanessa Bauche Jorge Salinas Adriana Barraza Gustavo Sánchez Parra |
Música | Gustavo Santaolalla Daniel Hidalgo |
Fotografía | Rodrigo Prieto |
Montaxe | Alejandro González Iñárritu Luis Carballar Fernando Pérez Unda |
Estudio | Zeta Entertainment Alta Vista Films |
Distribuidora | Filmax International |
Estrea | 2000 |
Duración | 153 minutos |
Orixe | México |
Xénero | Drama |
Orzamento | $2 400 000 |
Recadación | $20 908 467 |
Filme seguinte | 21 Grams |
Na rede | |
Amores perros é un filme dirixido por Alejandro González Iñárritu, e producido en México. Xunto con 21 Grams e Babel forma a "Triloxía da morte" e catapultou internacionalmente a carreira do seu protagonista, o actor Gael García Bernal. O filme é unha representación da división entre as clases na sociedade mexicana, xa que nos amosa as características da clase baixa, da media e da traballadora.
Cidade de México: un fatal accidente automobilístico afecta traxicamente a tres persoas. Octavio, un mozo adolescente, decide fuxir con Susana, a muller do seu irmán. El Cofí, o seu can, convértese no medio para conseguir os cartos que precisan para poder escapar xuntos. Ó mesmo tempo, Daniel, un home de 42 anos, deixa á súa esposa e ós seus fillos para vivir con Valeria, unha fermosa modelo. O mesmo día en que ambos festexan a súa nova vida, o destino fai que Valeria sexa protagonista do tráxico accidente.
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |