Alianza Libre Europea (ALE)
Partido político da Unión Europea
Dirixentes e organización
PresidentaLorena Lopez de Lacalle (Eusko Alkartasuna)
Secretario XeralJordi Solé (ERC)
MocidadesEFA Youth
Filiación internacionalAlianza Libre Europea - Os Verdes Europeos
Historia
Fundación1981
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo, rexionalismo, socialdemocracia
Representación
Parlamento Europeo
8 / 720
Outros datos
SedeRue de Woeringenstraat 19-21 1000 Bruxelas (Bélxica)
Na rede
www.e-f-a.org

A Alianza Libre Europea, ALE (EFA en inglés), é un partido político europeo que agrupa diversos partidos de ámbito nacional e rexional que buscan a independencia política, ou algunha forma de devolución ou autonomía para o seu país ou rexión.

Segundo a carta da Alianza Libre Europea, os obxectivos que persegue a ALE son: a defensa do dereito ao autogoberno e á autodeterminación dos pobos, a busca dunha maior unidade europea, a mellora da representación das rexións e nacións sen estado nos organismos europeos, unha maior democratización da Unión Europea, a defensa do medioambiente, a promoción das linguas minorizadas, a defensa de políticas sociais progresistas e solidarias que aseguren unha distribución xusta da riqueza, a promoción da igualdade de xénero e a erradicación da homofobia e a transfobia.[1]

Historia

[editar | editar a fonte]

A Alianza Libre Europea formouse o 9 de xullo de 1981 a partir da xuntanza de 6 partidos nacionalistas e rexionalistas europeos que acordaron un programa conxunto na chamada Declaración de Bruxelas. Estes partidos eran: a Unión Popular de Flandres, o Partido da comunidade xermanófona de Bélxica, a Unión Popular de Alsacia-Lorena, o Partido da Terra da Bretaña, o Independent Fianna Fáil, escisión do Fianna Fáil da República de Irlanda e o Partido Nacional de Frisia. Así como dous membros observadores, a Unión do Pobo Corso e a Convergència Democràtica de Catalunya.[2] Nesta declaración a ALE adopta como principio básico o federalismo, entendido este como a defensa de que a toma das decisións políticas se debe dar á escala o máis local posible.[3] A esta alianza vanse sumar progresivamente distintos partidos políticos e coalicións a medida que se vai producindo a ampliación da Unión Europea.

O Bloque Nacionalista Galego, única formación política galega que forma parte da Alianza, entrará nela como membro observador en 1994 e tornarase membro de pleno dereito no ano 2000.[2] Así mesmo, o eurodeputado José Posada formará parte do grupo parlamentario da ALE nos anos 1993-94 e 1994-99, inda que o seu partido, Coalición Galega, non se integrará nunca oficialmente na Alianza Libre Europea.[2]

Funcionamento interno

[editar | editar a fonte]

O organo de decisión supremo que regula o funcionamento da ALE é a Asemblea Xeral, que reúne anualmente a representantes dos partidos membros de pleno dereito. Esta asemblea ten as competencias para regular a admisión e expulsión dos mebros da ALE, así como para fixar os estatutos e programa político da Alianza. Así mesmo, a Asemblea Xeral elixe un Bureau, cun presidente e un secretario xeral, encargado de dirixir a ALE no período interasemblear e implementar os acordos aprobados pola Asemblea Xeral. Finalmente, existe un secretariado encargado de executar as decisións do Bureau e vixiar o correcto funcionamento da alianza a nivel diario. Así mesmo, existe o Congreso, no que teñen representación todos os partidos membros da ALE, cuxa función é a de aprobar un programa electoral conxunto antes de cada convocatoria das eleccións europeas.[1]

A ALE conta coa súa propia organización xuvenil, as Xuventudes da Alianza Libre Europea (EFA-Youth), integrada polas distintas organizacións xuvenís dos partidos membros. Así como cunha fundación propia, a Fundación Coppieters, encargada de realizar estudos e actividades de divulgación do pensamento e valores da ALE.[4]

Representación nas institucións europeas

[editar | editar a fonte]

Eurodeputados na lexislatura 2024-2027

[editar | editar a fonte]

Tras as eleccións europeas celebradas en 2024, a ALE conta con 8 europarlamentarios que se atopan integrados nun grupo parlamentario común cos verdes no Parlamento Europeo: Alianza Libre Europea - Os Verdes. Estes son:[5]

Historia Electoral

[editar | editar a fonte]
Número de eurodeputados conseguidos pola Alianza Libre Europea[2]
Lexislatura Número de deputados Grupo parlamentar
1979-1984
2 / 434
Grupo de coordinación técnica
1984-1989
4 / 434
Grupo Arco da Vella
1989-1994
9 / 518
Grupo Arco da Vella
1994-1999
3 / 567
Alianza Radical Europea
1999-2004
10 / 626
Os Verdes - ALE
2004-2009
5 / 732
Os Verdes - ALE
2009-2014
7 / 736
Os Verdes - ALE
2014-2019
12 / 751
Os Verdes - ALE
2019-2024
5 / 751
Os Verdes - ALE
2024-27
8 / 751
Os Verdes - ALE

Partidos membros

[editar | editar a fonte]
Lista de partidos e coalicións que forman parte da ALE[6]
Estado País Partido
Acerbaixán Nagorno-Karabakh Partido democrático de Artsakh
Albania Minoría macedonia de Albania Alianza Macedonia pola Integración Europea
Alemaña Baviera Partido de Baviera
Schleswig-Holstein Asociación de electores do sur de Schleswig
Austria Eslovenos de Carintia Enotna Lista
Bélxica Flandres Nova Alianza Flamenga
Bulgaria Pirin Organización macedonia unida: Ilinden-Pirin
Dinamarca Schleswig Partido de Schleswig
Eslovenia Istria Oljka
España Andalucía Andalucía por Sí
Galicia Bloque Nacionalista Galego
Cataluña Esquerra Republicana de Catalunya
Aragón Estau Aragonés
País Vasco Eusko Alkartasuna
Illas Baleares Més per Menorca
Partit Socialista de Mallorca -Entesa Nacionalista
Illas Canarias Nueva Canarias - Bloque Canarista
País Valenciano Més-Compromís
Finlandia Åland Ålands Framtid
Francia Alsacia Unser Land
Bretaña Unión Democrática Bretoa
Cataluña Norte Unitat Catalana
Corséga Femu a Corsica
Partido da Nación Corsa
Occitania Partido Occitano
Savoia Mouvement Sabauadia
Grecia Minoría turca de Macedonia Oriental e Tracia Partido da Amizade, a Igualdade e a Paz
Italia Friúl Patto per l’Autonomia
Sicilia Siciliani Liberi
Tirol do Sur Partido da Liberdade de Tirol do Sur
Val de Aosta Union Valdôtaine
Países Baixos Frisia Partido Nacional de Frisia
Reino Unido Cornualla Mebyon Kernow
Gales Plaid Cymru
Escocia Partido Nacional Escocés
Yorkshire Partido de Yorkshire
República Checa Moravia Movemento da Terra Morava
Romanía Minoría húngara de Transilvania Alianza Húngara de Transilvania
Serbia Vojvodina Liga socialdemócrata de Vojvodina

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Charter of the EFA". Statutes of the EFA (PDF). 2004. pp. 1–2. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 KERNALEGENN, Tudi (2013). The internationalism of the EFA (PDF). Bruxelas: EFA. pp. 37–39. 
  3. European Free Alliance (1981). Declaration of the Brussels Convention. Bruxelas: Digital Library of National Movements in Europe, Centre Maurits Coppieters. 
  4. "Presentation". Coppieters (en inglés). Consultado o 2024-08-05. 
  5. "Members of the European Parliament Archive". EFA - European Free Alliance (en inglés). Consultado o 2024-08-05. 
  6. "Member Parties". EFA - European Free Alliance (en inglés). Consultado o 2024-08-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]