Alexandre Dumas
Nacemento27 de xullo de 1824
 París e former 2nd arrondissement of Paris
Falecemento27 de novembro de 1895
 Marly-le-Roi
SoterradoCemiterio de Montmartre
NacionalidadeFrancia
Alma máterLycée Chaptal e Lycée Condorcet
Ocupaciónescritor, dramaturgo e dramaturgo
PaiAlexandre Dumas
NaiCatherine Laure Labay
CónxuxeNadeja Naryschkine
Henriette Régnier
FillosColette Dumas e Jeannine d'Hauterive
IrmánsHenry Bauër, Marie Alexandrine Dumas e Micaëlla-Clélie-Josepha-Élisabeth Cordier
XénerosNovela histórica, novela romántica
Coñecido/a porA dama das camelias
Premioscomendador da Lexión de Honor, Oficial da Lexión de Honra, Cabaleiro da Lexión de Honra e grande oficial da Lexión de Honor
Na rede
IMDB: nm0241414 Allocine: 37149 Allmovie: p309104 IBDB: 4006
Discogs: 1916705 IMSLP: Category:Dumas_fils,_Alexandre WikiTree: Dumas-844 Find a Grave: 3454 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alexandre Dumas, nado en París o 27 de xullo de 1824 e finado o 27 de novembro de 1895 en Marly-lle-Roi, foi un novelista e dramaturgo francés.

Traxectoria

Fillo natural de Alexandre Dumas e Marie-Catherine Labay, costureira, foi, como o seu pai, un autor mundialmente recoñecido. En 1831, o seu pai recoñeceuno legalmente e procuroulle a mellor educación posible na institución Goubaux e a academia Bourbon. As leis, por aquela época, permitíronlle a Dumas pai separar o fillo da súa nai e a agonía desta inspirou a Dumas fillo nos seus escritos sobre caracteres femininos e tráxicos. En case toda a súa obra enfatizou o propósito moral da literatura e, na súa novela O fillo natural (1858), expuxo a teoría de que aquel que trae un fillo ilexítimo ao mundo, ten a obrigación moral de lexitimizalo e casar coa muller.

Ademais de soportar o estigma da ilexitimidade, Dumas fillo levaba sangue negro. O seu pai era un cuarterón descendente dun nobre francés e unha negra haitiana. Nos internados escolares, Dumas fillo foi sempre vituperado polos seus compañeiros. Todas estas experiencias determinaron os seus pensamentos, comportamento e escritos. No seu primeiro libro de poemas, Pecados de mocidade (1847) denunciaba, dalgunha forma, a vida disipada que levou na súa mocidade, renegando dela.

En 1844, Dumas trasladouse a Saint-Germain-en-Laye para vivir co seu pai. Alí coñeceu a Marie Duplessis, unha moza cortesá que inspiraría a súa novela romántica A dama das camelias (1848)[1]. Adaptada como obra teatral, alcanzou tal éxito que animou a Dumas a proseguir coa súa carreira de dramaturgo. Titulouse, en inglés Camille e constituíu a base para a ópera de Verdi, La traviata (1853). Nas súas obras teatrais, cargadas de ensinos morais, denuncia os prexuízos sociais da época e avoga polos dereitos da muller e os nenos.

En 1864, Alexandre Dumas casou con Nadeja Naryschkine, con quen tería unha filla. Tralo falecemento desta, contraeu matrimonio con Henriette Régnier.

No transcurso da súa vida, Dumas escribiu outras doce novelas e varias obras teatrais. En 1867 publicou a súa novela semi-autobiográfica "L'affaire Clemenceau", considerada por moitos como un dos seus mellores traballos literarios.

Foi elixido membro da Academia francesa en 1874 pese á oposición pertinaz de Victor Hugo. En 1894 concedéuselle a Lexión de Honor.

Foi enterrado no cemiterio de Montmartre, en París.

Notas

  1. "Ficha en Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 26 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas